Home / Ferrol / Narón / Rescatan a un menor que caeu polo oco do ascensor dun edificio abandonado en Narón

Rescatan a un menor que caeu polo oco do ascensor dun edificio abandonado en Narón

FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 12:04

Os equipos de emerxencia rescataron na noite do sábado a un menor que caeu polo oco do ascensor dun edificio abandonado en Narón. Desde o 112 Galicia indican que o rapaz precipitouse desde un cuarto piso dun inmoble en ruínas situado na Rúa Mandeo.

Pasadas as 21:30 horas, un mozo contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para solicitar axuda para un amigo que caera polo oco do ascensor dun edificio. Inmediatamente, os operadores do CIAE-112 Galicia déronlle o aviso aos Bombeiros de Narón, á Policía Nacional e Local e aos servizos sanitarios.

Os Bombeiros de Narón rescataron ao mozo do oco do ascensor e foi trasladado polo persoal sanitario ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies