Home / Ferrol / Cedeira / Residencial Cedeira ofrece aos maiores vivendas de aluguer con servizos comunitarios

Residencial Cedeira ofrece aos maiores vivendas de aluguer con servizos comunitarios

FERROL360 | Venres 26 decembro 2014 | 15:21

O Concello de Cedeira pon en marcha a primeira fase de «Residencial Cedeira». Un proxecto estratéxico que pon a disposición dos maiores do municipio vivendas adaptadas ás súas necesidades en réxime de aluguer. Ademais, poden acceder a unha completa oferta de servizos comunitarios.

O proxecto nace no marco do programa «Impulsa», que pretende promover iniciativas de carácter privado que permitan establecer servizos dos que Cedeira carece por cuestións orzamentarias, ao tempo que creen emprego. Así, as xestións realizadas polo alcalde co sector empresarial levaron a promotores inmobiliarios a redefinir os usos dun céntrico edificio da vila construído recentemente.

Agora, en lugar de procurar a venda dos pisos que integran o bloque, destinaranse á creación das vivendas para maiores. O inmoble está ubicado na rúa Capela e dispón de vivendas adaptadas e accesibles para as persoas maiores. O aluguer do piso tamén dará acceso a unha serie de servizos para garantir o seu benestar.

Así, contarán con comedor comunitario con cociña caseira, sala de estar comunitaria, sala de consultas comunitarias, sala de servizos comunitarios, lavandería, ximnasio, garaxe, ascensores e zona wifi, entre outros. Ademais, súmanse outros servizos que, en función da demanda, se prevén pór en marcha, como o de perruquería.

Os promotores teñen aberto o prazo para que as persoas interesadas na iniciativa formalicen a súa petición de praza e, en función da demanda, botará a andar o proxecto. Así, o departamento municipal de Servizos Sociais informará sobre os detalles de «Residencial Cedeira». Tamén se poden informar no enderezo electrónico residencialcedeira@gmail.com e no teléfono 609 73 72 65.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies