FERROL360 | Martes 11 outubro 2016 | 9:02
O salón de plenos de Cabanas acolle este martes, ás 19:30 horas, a xuntanza informativa do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte na que dará a coñecer a súa liña de axudas. Están chamados a participar nesta reunión particulares, asociacións, confrarías e entidades públicas.
Os técnicos do Grupo de Acción Local darán conta dos requisitos que hai que cumprir para acceder ás subvencións, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020 no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne.