Home / Cultura / Rexenerando Coop Galega: «traballar como cooperativa encaixa cos nosos valores persoais e sociais»

Rexenerando Coop Galega: «traballar como cooperativa encaixa cos nosos valores persoais e sociais»

De esquerda a dereita, Martín, Andrea e Olga. Fotografía Alicia Seoane.

ALICIA SEOANE | 13 de marzo 2024 | 9:08

Andrea Rico Adega, Olga Romasanta Iglesias, e Martín Vázquez Añel, xunto con Paola Bermúdez e David Rodríguez forman a cooperativa Rexenerando. Aínda que o equipo foi cambiando ao longo destes dez anos dende que comenzaron, a día de hoxe, son elas quen continúan a darlle forma a un proxecto que é tamén parte da súa forma de vida. 

Rexenerando é unha cooperativa que naceu cos ecos da crise do 2008, nun momento social e económico que puxo o sistema patas arriba, «nos impulsou a buscar fórmulas para poñer as nosas capacidades e formacións en valor tomando as nosas propias decisións.», explica Andrea Rico.

O Traballar nunha cooperativa implica uns estatutos e unha forma de funcionar diferente que a forma habitual das empresas, o regulamento pon no centro a persoa, e non o beneficio económico. Isto explica Olga R. «era interesante para nós, porque encaixa a nosa forma social de relacionarnos no traballo, cos nosos valores que forman parte da nosa visión persoal máis democrática e horizontal. Máis fixada no valor da persoa e da comunidade, que só na ganancia».

Dez anos despois, seguen a traballar en tres áreas: cultura, entendida tamén dende o patrimonio, o territorio e a identidade, a participación e a igualdade. Aínda que, en realidade, explica Martín «ás veces é complicado separar o noso traballo por áreas, e máis unha forma de clasificar, que a realidade.

Nós traballamos cunha ollada que vai do respeto ao territorio, á memoria e a identidade dos lugares, isto pasa polo respecto as persoas, e ademáis facémolo dun xeito horizontal e participativo. Isto facémolo en todos os nosos proxectos independientemente que sexan dun área ou doutra».

Nestes dez anos de traballo que ven desenvolvendo Rexenerando, podemos destacar algúns proxectos que se fixeron na comarca e fóra dela. Proxectos que destacan pola súa calidade na forma de ser desenvoltos, pero tamén pola repercusión que tiveron na propia comunidade onde tiveron lugar.

Dez anos en proxectos

Dentro destes proxectos lembra Olga, Ferrol Rebelde. Cen anos de historia obreira, que foi dos primeiros proxectos que fixeron na cidade, e ademáis que foise ampliando, con outras propostas, como Irmandades da falaCarvalho Calero ou Ferrol desviado. Todas teñen en común que se fan dende o relato menos coñecido e  máis minorizado dentro da historia de Ferrol.

Ás veces coñecemos a historia oficial, pero estas rutas abren outras formas de ollar a propia cidade. «Isto permitíunos dar a coñecer Ferrol doutro xeito, pero tamén vencellarnos coa xente». Todas estas rutas poden ser solicitadas tanto por administracións, como por grupos de persoas que queiran facelas, xa que son de acceso libre, «mirando o pasado doutra forma, podemos ter moita información moi útil. Nós queremos que a xente teña acceso en Ferrol a este tipo de propostas, para nós é importante aportar esta ollada» comenta Olga.

Outro proxecto que tamén foi un antes e un despois para a cooperativa, foi o proxecto que levaron a cabo na Coruña, Pacto Social por unha Coruña Libre de Violencias Machistas, este proxecto foi diferente doutros que se tiñan levado a cabo dende a área de género e identidade, porque buscaba que o pacto xurdira do compromiso de moitas entidades que xa existían previamente na Coruña. 

Foi un proceso horizontal, que se fixo dende abaixo a arriba, para que as entidades que asinasen o pacto o fixeran dende o seu propio convencemento. O importante foi crear unha masa da cidadanía que se comprometese co pacto para dar un paso adiante fronte á violencia dende o seu propio desexo, «no contexto galego foi un proxecto moi innovador, xa que o propio proceso foi o interesante.

O produto último era o documento que as persoas o colectivos asinaban, pero como se foi facendo ese pacto e como se mobilizou a ciudadanía foi o máis relevante do proxecto», explica Martín.

Nesta liña sinalan o proxecto da Escola de participación cidadá de Narón, un servizo de atención é asesoramento para o tecido asociativo do concello, co cal o propio Concello «entende que a participación social é relevante para vivir mellor. Tamén, que é relevante acompañar e promover, eses espazos de dinamización social. «É importante promover a articulación social, porque iso ten efectos positivos na calidade de vida das persoas», comenta Andrea.

Este proxecto depende do Servizo Sociocomunitario de Narón, foi contratado en 2020, e permitíulles establecerse na comarca, «Salvounos na pandemia, e foi importante para continuar continuar co noso proxecto dunha forma estable», lembran.

Outro dos proxectos que tamén tivo certa repercusión foi o Laboratorio de apoderamento linguistico, que é un dos proxectos máis actuais, no que comenzaron a traballar na cuestión e o conflito lingüístico.

O Laboratorio foi unha proposta que presentaron á Secretaria Xeral de Política Lingüística, e polo que obtiveron un premio, que lles permitiu desenvolver unha experiencia piloto en catro institutos da comarca, un en Cedeira e outros tres en Ferrol. 

Este programa fíxose coa mocidade, «tiñamos ganas de desenvolvelo aquí, porque era importanter para nós, nese vincularse co territorio» conta Mané, «o proxecto era máis ben unha forma de facilitar o diálogo da mocidade en torno a ese conflito, ver que lle pasa a cada quen, e que tiñan ganas de facer con el. Poder falar do conflito mais tamén do desexo. Facilitar ese diálogo e esa reflexión»

Outra cousa que foi interesante do laboratorio engade Olga é que «se promoveu unha sesión intercentros, o que fixo que o alumnado fixese rede entre eles e elas».

Dez anos de traballo vencelladas á comunidade, á memoria, á identidade do propio territorio. Traballando dende a participación, e promovendo cambios que xurdan dende a base das comunidades, dende o respeto e a igualdade e de forma horizontal. 

Facer este tipo de traballo xa é un éxito en si mesmo, e se pensamos de cara ao futuro, que desexan despois desta primeira década a resposta é honesta e coherente, «Agora que temos certa tranquilidade, gustaríanos poder abrirnos e estar en contacto con outras organizacións, máis vencelladas a proxectos na propia comarca. E xa que falamos de calidade de vida e de traballo, traballar mellor en menos tempo. Ese ten que ser o modelo. Máis sostible para todas. Para coidar a vida, como persoas e como comunidade tamén».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies