FERROL360 | Martes 25 novembro 2014 | 21:13
San Sadurniño tamén sumouse ás celebracións do 25 de novembro, co alumnado dos últimos cursos do CPI coma protagonista dun acto simbólico no que plantaron medio cento de flores e plantas en lembranza das mulleres asasinadas vítimas da violencia machista.
Xa pola tarde, a Casa da Cultura acolleu a obra O Voitre e a Pomba, Verbas contra a violencia feminina de Lisístrata, con Ana Hermida e Santiago Fernández. Unha peza moi dura, que reflicte nas táboas a crueza e sufrimento das vítimas do maltrato físico e psicolóxico.
«A elección dunha obra tan potente e directa foi algo premeditado xa que a preadolescencia e a adolescencia son dous dos grupos de poboación aos que máis cómpre concienciar» afirmou a concelleira de Igualdade, Ana Belén Bereijo.
Logo do teatro, Concello e Deputación entregaron os premios do concurso literario no que presentáronse 16 traballos. Os tres premios foron para Irene Beceiro, Eva Soto e Sara Bellón.
Debate sobre el post