Home / Ferrol / Ferrol / Roteiro polo Cantón de Molíns da man da SGHN este sábado

Roteiro polo Cantón de Molíns da man da SGHN este sábado

FERROL360 | Venres 22 abril 2016 | 17:19

Ás veces non é preciso saír da cidade para poder gozar dun agradable paseo polo entorno natural. A Sociedade Galega de Historia Natural amosará este sábado nun roteiro a natureza que nos rodea a cotío no centro urbán e que normalmente pasa desapercibida.

As visitas guiadas, que son de balde e se enmarcan dentro da Feira do Libro, serán no Cantón de Molíns ás 11:30 e 12:30 horas. Non é preciso realizar inscrición previa e desde a SGHN indican que é unha boa oportunidade, tanto para a comunidade educativa como para o público en xeral, de coñecer o medio natural presente en Ferrol.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies