Home / Ferrol / Ferrol / Roteiros para Ferrolanear organiza unha saída por Esmelle e San Xurxo o vindeiro sábado 14

Roteiros para Ferrolanear organiza unha saída por Esmelle e San Xurxo o vindeiro sábado 14

Imagen de la playa de San Xurxo este martes (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)
Imagen de la playa de San Xurxo (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Martes 3 decembro 2019 | 00:00  

O Campus de Ferrol, xunto coa Sociedade Galega de Historia Natural, organizan unha saída por Esmelle e San Xurxo o vindeiro sábado 14 de decembro dentro da actividade Roteiros para ferrolanear.

Estes roteiros son una serie de propostas desde a UDC para coñecer e disfrutar camiñando da cidade e a súa contorna.

Na actividade do sábado 14 de decembro farase un percorrido polo Carregal de Esmelle e San Xurxo, un humidal a carón da praia.

Así, as persoas interesadas poderán disfrutar e coñecer a nosa contorna natural acompañados dun experto biólogo, que explicará con detalle as especies animais e vexetais que habitan estes espazos, así como a súa importancia ou singularidade, motivo polo que estas zonas son obxecto de diversas medidas de protección fronte ás agresións.

No percorrido haberá a oportunidade de coñecer algunhas especies botánicas e animais propias de sistema de duna ou de hábitats húmidos, así como observar o rastro da fauna habitual neste tipo de hábitats.

O nivel da caminata é baixo, uns catro kilómetros, aínda que é preciso levar roupa e calzado cómodos e acordes co lugar e a meteoroloxía.

A saída será o vindeiro sábado 14 de decembro ás 10:00 horas diante do Museo da SGHN na praza de Canido. Dende alí, se sairá en bus, de balde, cara a Esmelle e San Xurxo.

O regreso será no mesmo sitio, aproximadamente, ás 13:30 horas. O prezo da inscrición é de 5 euros para adultos e de 3 euros para menores de 12 anos, xubilados, universitarios e parados.

O límite de prazas é de 25 persoas. A inscrición previa podése facer no seguinte enlace.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies