FERROL360 | Martes 17 maio 2022 | 12:39
Moeche recupera esta fin de semana a ruta gastronómica De Pincho en Pincho para amosar a excelencia culinaria e o servizo profesional da hostalaría local. A cita desenvolverase desde o venres e ata o domingo e os pinchos deberán estar preparadod de maneira artesanal e ofrecerse de balde con cada consumición.
Os petiscos serviranse o venres en horario de 20.00 a 23.00 horas, o sábado de 11.00 a 15.00 horas e tamén de 20.00 a 23.00 horas e o domingo só de 11.00 a 15.00 horas. A novidade este ano é que non se premiará por votación popular o petisco máis sabedor, pero si poderá haber recompensa para aquelas persoas que completen o itinerario.
Quen sele a súa tarxeta en todos e cada un dos locais entrará no sorteo de dous agasallos: un bono individual de persoa adulta para a piscina municipal válido durante a temporada 2022 e un lote de produtos variados mercados no comercio local.