Home / Ferrol / Ferrol / Ruta xeolóxica para descubrir os tesouros da costa de Valdoviño o vindeiro 9 de maio

Ruta xeolóxica para descubrir os tesouros da costa de Valdoviño o vindeiro 9 de maio

FERROL360 | Mércores 8 abril 2015 | 13:57

Se che apetece descubrir os tesouros da costa de Valdoviño podes apuntarte á ruta xeolóxica de «Xeolodia A Coruña 2015». Unha actividade, gratuíta, que terá lugar o vindeiro 9 de maio e que está organizada polo Concello de Valdoviño e a Delegación de Ferrol da SGHN.

A distancia total a percorrer son 6 quilómetros, que discurrirán polo lugares de Pantín,Valdoviño e Meirás. O desprazamento será en autobús e as saídas están programadas ás 09:10 horas desde Ferrol e 09:40 horas desde Valdoviño. A chegada a Valdoviño será sobre ás 18:30 horas e a Ferrol ás 19:00 horas, aproximadamente.

As prazas son limitadas, así que hai que inscribirse no correo electrónico: canosa@geol.uniovi.es, antes do día 6 de maio.

Publicidad

Banner Parque Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies