Home / Eume / A Capela / San André de Teixido, o castelo de Moeche e a Fraga do Eume, na oferta de Turismo Escolar da Deputación

San André de Teixido, o castelo de Moeche e a Fraga do Eume, na oferta de Turismo Escolar da Deputación

FERROL360 | Martes 25 abril 2017 | 17:46

O Museo etnográfico da Capela, a ecoescola das Pontes, San André de Teixido en Cedeira, o castelo de Moeche, o Museo do Humor de Fene, a Fraga do Eume en Pontedeume e a horta de froitas autóctonas en San Sadurniño son algúns dos recursos que se incorporan á oferta de Turismo Escolar da Deputación da Coruña.

A Área de Turismo da Deputación da Coruña convidou aos concellos a incorporar os seus recursos históricos, patrimoniais e naturais ao catálogo de de Turismo Escolar que se ofrece aos distintos centros de ensino da provincia.

Deste xeito, arredor de sesenta propostas sumáronse á oferta de rutas da Deputación para completar a oferta á que poden optar grupos escolares co fin de coñecer mellor o territorio da Coruña. Rutas como os segredos naturais e a arquitectura das Fragas do Eume, visita á Serra da Capelada ou a Fraga dos Casás son algunhas das posibilidades para iniciarse no turismo desde a escola.

Un programa que, por oferta dos concellos, incluirá visitas a centros culturais e de formación. Entre os museos que nenas e nenos poderán visitar por medio desta nova proposta están o Etnográfico da Capela, o do Humor de Fene ou o da Construción Naval de Ferrol.

A ecoescola aula de reciclaxe As Campeiras, a plantación de arandos de Cerdido ou a área recreativa O Castro son algunhas das posibilidades de se atopar coa natureza e o traballo agrario ademais de coñecer o territorio que ofrece Turismo escolar.

«Trátase de ofrecer unha plataforma a través da que os concellos podan ofertar os seus recursos turísticos ao alumnado que participa no programa. A iniciativa ten o obxectivo de que rapaces e rapazas coñezan o territorio e os principais destinos de interese para a súa idade» achegándose á historia e natureza, explica o deputado responsable da área de Turismo, Xosé Regueira.

A oferta incorporada polos concellos súmase aos programas xa existentes propostos pola área de Turismo da Deputación e vinculados de maneira especial aos seus bens patrimoniais.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies