Home / REC360 / Reportaje / San Sadurni?o abre as portas dun novo pazo

San Sadurni?o abre as portas dun novo pazo

ARY L?PEZ | San Sadurni?o | Luns 30 decembro 2013 | 11:46

Onte foi un d?a hist?rico para San Sadurni?o. O edificio co?ecido como o Pazo da Marquesa abr?a por primeira vez as s?as portas a toda a veci?anza.

O emblem?tico inmoble pertenceu ? familia dos Andrade e Castro e posteriormente foi propiedade dos Marqueses de San Sadurni?o. El, don Francisco de As?s Antas D?vila Matheu y Bernaldo de Quir?s; ela, dona Mar?a de la Natividad Quind?s y Villarroel, herdou as s?as distinci?ns e propiedades ao quedar vi?va en 1922. Posu?u o t?tulo de VII Marquesa de San Sadurni?o por herdanza dos seus familiares e, ao morrer en 1953 sen descendencia, legou o pazo ?s Irm?ns de Cristo Rei, que o converteron en escola-fogar durante un tempo.

Cando as monxas abandoaron o pazo, o deterioro propio do paso do tempo ameazaba a este edificio do s?culo XVI. No ano 2010, pasou a mans do Concello. Con fondos municipais, da Deputaci?n da Coru?a e mesmo do Ministerio de Cultura, comezaron a desenvolverse as tarefas de recuperaci?n do monumento. Vinte meses despois de iniciarse unhas obras acometidas conservando ao m?ximo posible as estruturas orixinais, un novo pazo viu a luz en San Sadurni?o. O rexedor do municipio, Secundino Garc?a, sinalaba este domingo que ?se trata de algo hist?rico porque por primeira vez abre ao p?blico un pazo que antes era s? da Marquesa e agora est? aberto a toda a cidadan?a?. Para Garc?a, o resultado duns traballos executados durante m?is dun ano e medio ?, cando menos, ?satisfactorio despois de ver como estaba inicialmente o edificio e os pasos que se foron dando. Nos enche de orgullo recuperar un patrimonio que estaba abandoado e foi posible grazas a un investimento importante e moita ilusi?n?.

Para dar calor ? fr?a tarde de inverno, soaron no claustro interior do pazo as melod?as do grupo Doa. Os m?sicos ?scar Fern?ndez -zanfona-, Susana de Lorenzo -voz e harmonium- e Xoan Pi??n -guitarra- presentaron o seu ?ltimo traballo discogr?fico. A fronda dos cervos ? un repaso ao cancioneiro medieval que recupera as letras de trobadores galegos como Pero Meogo ou Airas Nunes. Rozando o misticismo musical, conviven no disco as cantigas de escarnio, de amigo e de amor e textos do C?dice Calixtino.

Os sons doutros s?culos acompa?aron ? veci?anza na s?a visita a un lugar doutro tempo por unhas instalaci?ns que gozan xa de boa sa?de. Con todo, non ser? ata a primavera cando se produza a apertura oficial deste espazo pensado agora para acoller as dependencias municipais.

Distribuci?n interior

Na planta baixa dende a porta principal, at?pase o patio interior que comunica co arquivo municipal, o sal?n de plenos e unha sala de xuntas. No primeiro andar acc?dese ? galer?a e aos espazos destinados para o Rexistro, a Tesourer?a, a Secretar?a e oficinas para cada unha das ?reas municipais, xunto ? Alcald?a. O ?ltimo andar, que tam?n contar? con diversas oficinas, desemboca na torre, con sa?da ao exterior.

Optouse por unha decoraci?n sinxela, onde predominan as tonalidades brancas, ga?ando en luminosidade. Mant??ense moitos dos materiais e motivos orixinais do edificio como a pedra, madeira, m?rmore e os azulexos que recobren algunhas das paredes. Tam?n se conservaron algunhas imaxes que eran propiedade da Marquesa e a antiga camp? da capela situada nas proximidades do edificio, que foi derrubada hai cincuenta anos.

O Pazo da Marquesa en San Sadurni?o acoller? en primavera a futura sede municipal (foto: Ary L?pez)

O Pazo da Marquesa en San Sadurni?o acoller? en primavera a futura sede municipal (foto: Ary L?pez)

A antiga camp? da capela derrubada hai cinco d?cadas preside a entrada principal do pazo (foto: Ary L?pez)

A antiga camp? da capela derrubada hai cinco d?cadas preside a entrada principal do pazo (foto: Ary L?pez)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies