FERROL360 | Venres 17 xaneiro 2014 | 12:26
A ?rea de Participaci?n Veci?al e Turismo do Concello de San Sadurni?o xa comezou a traballar na que ser? a terceira edici?n do Mercado Local Xusto da vila. Unha cita que naceu en xu?o de 2013 coa finalidade de impulsar o comercio de proximidade e potenciar a econom?a local. Tam?n, favorecer o consumo de produtos de temporada, ademais de recuperar -sinalan dende o consitorio- ?o esp?rito das feiras de antano e o dinamismo econ?mico que xeraban no territorio este tipo de encontros?.
Est? programado dende a ma?? do vindeiro 23 de febreiro e a ubicaci?n ser? a mesma que a das pasadas edici?ns: os arredores da casa consistorial e o adro do convento do Rosario. Os visitantes poder?n atopar, principalmente, excedentes agrarios e produtos de temporada, alimentos de produci?n ecol?xica e comercio xusto, artesan?a ou artigos de segunda man.
Os comerciantes interesados en participar deber?n enche-las s?as solicitudes canto antes xa que o espazo ? limitado e os ocos ser?n designados por orde de inscrici?n. Esta pode facerse descargando o ficheiro dende a p?xina web do Concello de San Sadurni?o.
Ao anterior mercado -celebrado a finais de outubro- acudiron 130 expositores, un indicador do ?xito e popularidade que vai ga?ando esta cita.