Home / Ferrol / San Sadurniño / San Sadurniño abre o prazo para inscribirse na II Xornada de Autoprotección ante a Violencia de Xénero

San Sadurniño abre o prazo para inscribirse na II Xornada de Autoprotección ante a Violencia de Xénero

FERROL360 | Martes 12 novembro 2013 | 19:59

O vindeiro 25 de novembro terá lugar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Para non pasar por alto esta data significativa, a área de Educación e Igualdade do Concello de San Sadurniño ten preparadas diferentes actividades para desenvolver o sábado día 23.

Por un lado, haberá un obradoiro de autoprotección ante a violencia de xénero co que se pretende ensinarlle ás mulleres participantes a xestionar positivamente situacións de risco. Docentes especializados en psicoloxía e en defensa persoal amosarán distintas técnicas para axudar a manter controlada unha situación perigosa ou como facer para defenderse e poder pedir axuda inmediatamente. Despois da sesión, haberá unha xuntanza de grupo para xantar e compartir experiencias.

Será o segundo encontro deste tipo que ten lugar en San Sadurniño. Na primeira edición tivo unha gran acollida e por iso, dende o consistorio animan a inscribirse nunha xornada que se desenvolverá de 10:00 a 13:00 horas. Poderá realizarse nas oficinas de servizos sociais ou chamando ao 981 490 027.

Ademáis, haberá un taller de coeducación e igualdade, no que terán preferencia os fillos e as fillas de entre 6 e 14 anos das mulleres asistentes ao encontro, aínda que pode inscribirse calquer menor que cumpra o intervalo de idade. Para a impartición deste obradoiro precisarase un mínimo de 6 e un máximo de 15 prazas. Terá lugar na casa da cultura de San Sadurniño.

Na organización destas actividades colabora a Asociación APICO, que promove a igualdade e a coeducación.

Tamén ese día, presentarase publicamente o II Plan para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes aprobado recentemente polo Concello. A finalidade é achegar á poboación os obxectivos que pretende alcanzar o municipio en materia de igualdade de cara aos próximos catro anos. O acto está aberto a todos os públicos.

Concurso de relatos

O propio luns 25, entregaranse os premios do II Concurso de relatos promovido pola área de Educación e Igualdade entre os escolares de San Sadurniño en colaboración co profesorado do CPI. A prevención, sensibilización e/ou reivindicación na loita contra a violencia machista cara as mulleres serán os aspectos a valorar á hora de conceder os premios.

Está dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria e todos os traballos presentados exporanse na Casa da Cultura do Concello dende o día 15 ao 25 de novembro.

As bases do concurso poderán descargarse dende a páxina web do Concello de San Sadurniño.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies