Home / Actualidad / San Sadurniño abre o proceso de licitación do mantemento eléctrico municipal

San Sadurniño abre o proceso de licitación do mantemento eléctrico municipal

FERROL360 | Luns 7 marzo 2016 | 17:30

Xa está aberto o prazo para presentar ofertas ao contrato do servizo de mantemento integral do alumeado público e das instalacións eléctricas do Concello de San Sadurniño. O prezo base da licitación supera os 87.000 euros, máis o ive correspondente, e o contrato terá unha vixencia de dous anos prorrogables por outros dous.

No perfil de contratante do Concello figura toda a documentación referida ao procedemento, no que indícase que as empresas ou profesionais por conta propia que desexen achegar a súa oferta teñen ata o día 1 de abril ás 14.00 horas para poder facelo.

O obxecto do contrato é levar o mantemento de toda a rede de alumeados públicos e de instalacións eléctricas municipais. O prezo de saída é de 87.360,24 euros e 18.345,66 do ive, o que fai un importe total de 105.705,90 euros.

Unha contía global para dous anos de servizo -ampliables de mútuo acordo a outros dous-que a empresa adxudicataria poderá ir facturando mes a mes contra a presentación da certificación dos traballos que vaia facendo.

Procedemento de adxudicación

O procedemento de adxudicación farase mediante a denominada «multiplicidade de criterios», é dicir, non só contará a rebaixa que se faga sobre o prezo senón tamén as melloras que se propoñan sobre as condicións esixidas nos pregos.

Así, algúns aspectos que puntuarán serán a adopción de medidas conducentes a unha maior eficiencia enerxética nos alumeados ou nas instalacións de titulariedade municipal, a redución de prezos unitarios ou o programa que recolla as revisións e calendarios de mantemento preventivo.

Toda a información referida ao procedemento está publicada no perfil de contratante do Concello, dende os pregos técnicos e administrativos ata a documentación necesaria para que as empresas preparen as propostas. Será neste sitio web onde se mostrarán as actas e informacións que se vaian xerando en canto a prazos, posibles modificacións, actualizacións, etc.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies