Home / Sociedad / Tendencias / Gastronomía / San Sadurniño acolleu a edición máis exitosa da súa Feira Rural

San Sadurniño acolleu a edición máis exitosa da súa Feira Rural

FERROL360 | Domingo 31 agosto 2014 | 18:45

A sexta edición da Feira Rural de San Sadurniño que se celebrou este sábado na Cortiña quedaba pequena para os milleiros de visitantes que se achegaron ata a carpa onde 131 postos agardaban polo mellor postor.

Productos da terra, alimentos, artesanía, artigos de segunda man e troco, plantas ou maquinaria agrícola; a Feira Rural ofreceu todo tipo de artículos dende as dez da mañá ata as nove da noite. Os máis demandados foron os froitos da horta, o pan e os doces, pero sobre todo o aceite da Fala extremeña, promovido polo Concello, do que se venderon 70 garrafas.

Os paseos en canoa polo Xubia tiveron moi boa acollida, o mesmo que os obradoiros de cociña creativa ou a actuación de Roi o Cagabolas, para os máis pequenos, que encheu a Cortiña de cativería. Pero tamén houbo tempo para outras actividades coma a marcha ciclista da mañá, a III Copa de Agility, música, xogos tradicionais ou catas de viño, sidra e cervexa.

A tradicional mostra e o concurso de froita autóctona, celebrados en colaboración coa AGFA do Eume, tamén acapararon numeroso público. Xuntáronse 35 lotes de froita para a exposición e outros 50 para o concurso.

Os dous primeiros postos quedaron en San Sadurniño, gañou Juan Castrillón na categoría «mellor variedade en perigo de extinción», seguido de Orlando Calvo co «mellor lote con froitas distintas» e no terceiro posto Patricia Malpica cun cesto de peras urracas traídas dende Vilarmaior.

Ao finalizar o concurso aproveitouse para homenaxear a Carlos Fornos, fundador de AGFA do Eume recentemente falecido, e bautizar a horta de froiteiras co seu nome. Para o rexidor de San Sadurniño, Secundino García, Fornos fixo moito polo patrimonio da vila ao recuperar a riqueza froiteira da comarca.

Dende o Concello a valoración da VI Feira Rural foi «moi positiva». O concelleiro de Cultura, Participación Veciñal e Turismo, Manuel Varela, non ocultaba a súa satisfacción: «A Feira confírmase como un escaparate da capacidade produtiva da comarca en base ao aproveitamento sustentable da terra» sinalou, co desexo de seguires apostando polos mercados locais cos que promover «un comercio de proximidade no que teñan cabida produtos da máxima calidade e que tire da economía da comarca».

A Feira Rural mantivo un bo ritmo de visitas durante toda a xornada (foto: Concello de San Sadurniño)

A Feira Rural mantivo un bo ritmo de visitas durante toda a xornada (foto: Concello de San Sadurniño)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies