Home / Actualidad / San Sadurniño adxudica o contrato eléctrico por 41.500 euros anuais

San Sadurniño adxudica o contrato eléctrico por 41.500 euros anuais

FERROL360 | Luns 30 maio 2016 | 20:48

A mesa de contratación para o proceso de adxudicación do contrato de mantemento eléctrico de todas as instalacións municipais de San Sadurniño, incluídos os alumeados públicos, resolveu a pasada semana que a empresa de Pontedeume Electricidad Permuy S.L. se faga cargo deste servizo por un importe anual de 41.595 euros (IVE engadido).

O procedemento tiña un prezo de saída para dous anos de algo máis de 105.000 euros -87.360 sen o IVE- e a empresa obtivo a maior puntuación tras sumar as valoracións da proposta técnica e económica, impoñéndose deste xeito ás outras seis candidatas que chegaron ao final do proceso.

O procedemento de adxudicación seguiu a denominada «multiplicidade de criterios», segundo informan dende o Concello. Non só contou a rebaixa sobre o prezo de licitación, senón tamén as melloras propostas sobre as condicións esixidas nos pregos. Así, algúns aspectos puntuados foron a adopción de medidas conducentes a unha maior eficiencia enerxética nos alumeados ou nas instalacións de titulariedade municipal, a redución de prezos unitarios ou o programa que recolla as revisións e calendarios de mantemento preventivo.

A firma especializada en electricidade comezará o día primeiro a traballar en San Sadurniño. O contrato terá unha vixencia inicial de dous anos que poderán ampliarse por acordo de ambas partes por outros dous máis.

Xestión da cantina da piscina municipal

Por outra banda, o Concello tamén mantivo aberta nos últimos días a convocatoria para optar á xestión da cantina da piscina municipal durante este verán. O prazo para presentar proposicións finalizou o pasado venres e, segundo consta nas oficinas municipais, só se achegaron dúas solicitudes que se resolverán nos próximos días.

O que si se resolveu foi a adxudicación do contrato menor dos servizos da propia piscina para a apertura e peche da instalación, o mantemento do vaso, o socorrismo e a impartición de cursos. A empresa adxudicataria resultou ser SEDEGA.

Un comentario

  1. Mmm…. ¿y quién gobierna en San Sadurniño? ¡Oh! ¡Sorpresa! El BNG!!!! Como en Carballo. ¿Con qué cara nos va a decir ahora el Sr. Rivas que hay que municipalizar?

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies