Home / Ferrol / San Sadurniño / San Sadurniño afrontará o copago de medicamentos para enfermos crónicos

San Sadurniño afrontará o copago de medicamentos para enfermos crónicos

FERROL360 | Luns 21 outubro 2013 | 12:58

Os veciños de San Sadurniño que precisen medicación por sufrir algunha doenza crónica non terán que pagar os fármacos sobre os que o Goberno central implantou recentemente un copago sanitario. O Concello asumirá con fondos propios o custo de medicamentos para tratar distintos tipos de cancro, tumores cerebrais, artrite reumatoide ou hepatite C crónica, entre outros.

Segundo recollía o BOE o pasado 19 de setembro, os usuarios de tratamentos como o Afinitor, Tyverb, Votrient ou Temodal, deberán pagar o 10 % do custo do fármaco, non superando os 4,20 euros por medicamento. Esta é a cantidade que o Concello de San Sadurniño decide afrontar para que a calidade de vida dos cidadáns non dependa do seu poder adquisitivo.

Tal e como informaba esta fin de semana Secundino García, alcalde da localidade, «ningún veciño ou veciña de San Sadurniño vai quedar sen medicación por non ter recursos para pagala e non sabemos como pode haber quen se considere persoa quen condene directamente á morte a homes e mulleres polo simple feito de carecer de diñeiro». O nacionalista advirte que a Xunta de Galicia «pode paralizar a posta en marcha desta resolución do Ministerio de Sanidade».

Con todo, malia que a decisión será debatida no pleno ordinario do vindeiro 9 de novembro, o rexedor mantén que «ese 10 % ate un máximo dos 4,20 euros por medicamento que lle correspondería abonar aos particulares, procedería a cubrilo o Concello, garantindo a universalidade da sanidade». A medida estímase que entre en vigor a primeiros de ano e poderán acollerse a esta liña de axudas todas aquelas persoas que leven residindo máis de seis meses en San Sadurniño.

O municipio súmase así á lista de concellos galegos como Allariz, Riotorto, Monforte ou Ribadeo que xa anunciaron que pagarán a porcentaxe de menciñas que precisan os doentes crónicos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies