Home / Eume / A Capela / San Sadurniño, As Pontes e As Somozas participan no II Certame Galego de Artes pola Igualdade

San Sadurniño, As Pontes e As Somozas participan no II Certame Galego de Artes pola Igualdade

FERROL360 | Jueves 9 abril 2015 | 19:46

O II Certamen Galego de Artes pola Igualdade de Xénero pechou este mércores o prazo de admisión de obras. Adicado este 2015 á poesía, presentáronse 15 poemas dende os concellos de San Sadurniño, As Somozas e As Pontes, pero tamén dende Oleiros, o Vimianzo, A Coruña, Xove, Betanzos e mesmo Valladolid.

Nesta ocasión, o certamen homenaxea á cantante e escritora Uxía, unha figura relevante no eido da cultura e do activismo pola igualdade. Houbo tres categorías: infantil -dende os 7 aos 11 anos-, xuvenil -dende os 12 aos 18 anos-, e adulta.

O xurado fará público o resultado o vindeiro luns e os premios entregaranse o sábado 18 de abril na Casa do Concello de San Sadurniño. En cada unha das categoría entregaranse dous premios, compostos por un diploma acreditativo, libros e unha cantidade en metálico, 100 euros para os primeiros premios e 50 para os segundos.

O único requisito das obras era que tiveran como eixo central a igualdade entre mulleres e homes, que estivesen escritas en galego normativo, que fosen orixinais e que tivesen unha extensión máxima de dous folios por unha cara.

Publicidad

Banner Parque Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies