Home / Sociedad / Tendencias / Mercadillos / San Sadurniño celebra este domingo o seu mercado local cun total de 72 postos

San Sadurniño celebra este domingo o seu mercado local cun total de 72 postos

FERROL360 | Domingo 26 xullo 2015 | 10:45

Os xardíns municipais de San Sadurniño acollen este domingo o segundo mercado local do verán cun total de 72 postos de viveiros, produción de alimentos, artesanía e artigos de segunda man. A cita desenvolverase ao longo de toda a mañá e con ela búscase potenciar o comercio de proximidade.

No mercado local de San Sadurniño poderemos atopar case de todo: hai inscritos tres viveiros de planta, 15 expositores de alimentos frescos e transformados, 23 que venden artesanía, 12 de manufacturas xunto con artigos de segunda man e 19 centrados exclusivamente nas oportunidades, como son os libros, os discos, todo tipo de ferraganchos, xoguetes e as máis variadas curiosidades.

Feira Rural

A vindeira cita deste tipo será o sábado 29 de agosto coa celebración da Feira Rural, que desenvolverase ao pé do río Xubia e na que ademais de postos coma os deste domingo tamén terán lugar actividades complementarias. Así, haberá obradoiros infantís, concurso de froita, exhibición de pastoreo canino, ruta ciclista, visitas guiadas á horta de froiteiras do país, entre outras

A feira pretende ser unha chamada de atención sobre a necesidade de diversificar a economía rural dun xeito sustentable e aproveitando todos os recursos que ofrece o contorno, xa sexan naturais, agrícolas, patrimoniais ou de calquera outro tipo. O programa aínda non está completamente pechado, pero o certo é que esta edición a xornada vai ser máis longa e festeira.

Así, ás 22:00 horas comezará o Festival de música A Cortiña organizado polo departamento de Mocidade dentro do calendario de actividades orientadas á xente nova. Actuarán o grupo local Labanda, Tarde Piaches e os ourensáns O Sonoro Maxín. Unha noite que, ademais, contará entre actuación e actuación co humor de Pedro Brandariz.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies