Home / Deportes / San Sadurniño celebra este xoves o VI Tetramaratón coa participación de catorce equipos

San Sadurniño celebra este xoves o VI Tetramaratón coa participación de catorce equipos

FERROL360 | Mércores 1 abril 2015 | 14:13

Un total de 84 deportistas, repartidos en catorce equipos, participarán este xoves na sexta edición do Tetramaratón de San Sadurniño. Trátase dunha cita deportiva na que os equipos compiten nas disciplinas de volei, fútbol, baloncesto e hóckei e na que haberá unha formación feminina e dúas mixtas entre os catorce equipos.

Os encontros comezarán ás 09:30 horas e desenvolveranse durante toda a mañá, de xeito que está previsto que as finais se xoguen despois do mediodía. No volei disputaranse dous sets a 7 puntos con cinco deportistas no campo por equipo. O fútbol sala durará 10 minutos sen parar o crono e os penaltis que poida haber lanzaranse desde o medio do campo sen ninguén na porteiría.

Para o baloncesto de tres contra tres tamén haberá un único tempo de 10 minutos a reloxo corrido, todas as canastras valerán dous puntos e non existirá o campo atrás. Por último, no hóckei permitirase xogar con ou sen patíns e, igual que nos anteriores deportes, o tempo correrá sen pausa durante 10 minutos.

O regulamento xeral indica que os catro partidos clasificatorios se xogarán seguidos contra o mesmo rival e que os puntos conseguidos polas compoñentes femininas -que deberán xogar todos os encontros- valerán dobre co obxectivo de potenciar a presenza feminina na competición.

Cada partido gañado serán dous puntos, o empate un punto e o partido perdido cero puntos. Os catro equipos que acaden unha maior puntuación xogarán as semifinais. En caso de empate entre dous equipos, xogarase un partido de desempate, elixindo o deporte por sorteo. Se volvese haber empate, o pase decidirase cun penalti, tiro libre ou saque directo ata que un dos dous falle.

Haberá premios para o primeiro e segundo clasificados. O equipo gañador recibirá un cheque de 50 euros por deportista para mercar material deportivo, mentres que os subcampións levarán cadanseu talón por valor de 25 euros, tamén canxeable por material en Deportes Sanesteban.

O VI Tetramaratón de San Sadurniño está organizado pola Concellaría de Deportes coa colaboración do CV Aldebarán e o Clube de Fútbol San Sadurniño.

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa

Banner Parque Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies