Home / Cultura / San Sadurniño celebrará dende o mércores o III Festival AUM Sonido Sanador

San Sadurniño celebrará dende o mércores o III Festival AUM Sonido Sanador

FERROL360 | Martes 22 xullo 2014 | 17:47

A terceira edición do Festival AUM «Encuentro de Sonido y Sanación» chega novamente a San Sadurniño da man do colectivo Consuma Conciencia para ofrecer multitude de actividades, que se desenvolverán ao longo de cinco días en diferentes emprazamentos da vila.

O son é o fío condutor desta xuntanza coa que se busca conectar coa profundidade do individuo experimentando diferentes sensacións harmoniosas recollidas a través da historia e de antigas tradicións culturais. A voz, a danza, a música e a natureza teñen un papel fundamental nesta cita que comezará na tarde do mércores e se estenderá ata o mediodía do domingo.

As sesións de pago -para as que será necesario inscribirse previamente- comprenden unha serie de prácticas matutinas de Chi Kung ou Ioga, música para nenos, bailes, paseos, taller de tambor chamánico ou meditación, entre outras. Pode adquirirse un abono ou mercar un pase para cada día ou actividade.

Tamén haberá xornadas de libre acceso no Espazo Aberto, que inclúe unha zona de terapias, mercadiño, actuacións, exhibicións e charlas durante todo o día. Estas últimas impartiranse, maioritariamente, no café Dzine.

Habilitarase un bar-restaurante para poder degustar menús vexetarianos e o arboreto, na zona da Cortiña, convertirase en zona de acampada gratuíta para todos aqueles que desexen estar en contacto directo coa natureza dende o espertar ata despedir o día.

Dende a organización recomendan levar roupa cómoda, un coxín, colchoneta e moitas ganas de compartir experiencias positivas en colectividade.

Podes consultar aquí a información completa sobre este festival.

programa sonido_AUM

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies