Home / Ferrol / San Sadurniño / San Sadurniño celebrará mañá o primeiro Mercado Local Xusto

San Sadurniño celebrará mañá o primeiro Mercado Local Xusto

FERROL360 | Sábado 29 xuño 2013 | 11:40

Ata 85 expositores visitarán esta actividade organizada polo Concello para vender artesanía, produtos frescos, transformados ou de segunda man. A intención de facer este intercambio entre produtores e consumidores é evitar a intermediación e, deste xeito, propiciar un prezo xusto para cada produto, beneficiando a ámbalas dúas partes.

Ademais, concíbese como un xeito de potenciar e recuperar as feiras de antano, favorecendo a proximidade entre vendedor e comprador. Son 34 os postos de artesanía, 24 de venda de produtos do sector primario e 27 postos non profesionais destinados principalmente ao troco de obxectos de segunda man.

De saír ben este primeiro encontro comercial poderían facerse posteriores edicións. O mercado terá lugar a partir das 9.30 da mañá na praza do Concello e no adro do convento do Rosario.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies