Home / Sociedad / En femenino / San Sadurniño congrega un cento de persoas para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres

San Sadurniño congrega un cento de persoas para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres

FERROL360 | Luns 31 marzo 2014 | 19:17

O Pazo da Marquesa de San Sadurniño acolleu o pasado sábado un acto para conmemorar o Día Internacional da Muller. A cita, malia non cadrar co día oficial -8 marzo-, serviu para reivindicar «o papel da muller na sociedade» e dar conta da necesidade de «seguir avanzando cara unha igualdade de xénero real».

Ante estes principios, se congregaron na galería do recén restaurado inmoble unhas cen persoas, que gozaron dunha tarde de historias e anécdotas lideradas polo xénero feminino.

Os asistentes puideron coñecer a lenda de Loureana, un relato ambientado no castro de San Sadurniño que está incluído no libro da veciña Eva Merlán titulado Contos de Trasancos. Ademais, a concelleira de Igualdade, Ana Belén Breijo, sinalou os aspectos principais do segundo Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, aprobado recentemente no municipio.

Pola súa banda, a asociación Artelladas entregou os premios do primeiro Certame de Fotografía e Igualdade, ao que se presentaron un total de catorce obras. Os gañadores nas categorías infantil e adultos foron Hugo Bouza e Sonia Fernández, respectivamente. O primeiro presentou a imaxe As nenas tamén son futbolistas, mentres que a segunda achegou unha fotografía titulada Tareas domésticas compartidas.

O proxecto Fálame de San Sadurniño tamén tivo o seu protagonismo na tarde do sábado. Unhas 150 persoas forman parte desta iniciativa xestada nas aulas da Rede CeMIT, onde atesouran dixitalmente as imaxes históricas do municipio e das súas xentes, ás que acompañan unha pequena gravación do acontecido.

Varias mulleres representaron a este gran grupo amosando unha serie de fotografías onde, unha vez máis, quedou clara a capacidade das mulleres para asumir as dificultades da vida e o espírito de loita nunha sociedade onde, como apuntou unha das voceiras, «aínda queda moito traballo por facer en favor da igualdade».

O alcalde, Secundino García Casal, tamén aproveitou para facer público o «compromiso» do executivo local coa igualdade de sexos sinalando que o seu grupo de goberno «está formado por máis mulleres que homes».

A concelleira de Igualdade sinalou os aspectos principais do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (foto: Concello de San Sadurniño)

A concelleira de Igualdade sinalou os aspectos principais do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (foto: Concello de San Sadurniño)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies