Home / Actualidad / San Sadurni?o contar? cunha escola infantil para o pr?ximo curso

San Sadurni?o contar? cunha escola infantil para o pr?ximo curso

FERROL360 | Venres 29 novembro 2013 | 13:29

O Concello de San Sadurni?o celebraba este xoves un pleno extraordinario para debater, entre outras cousas, as obras do POS de 2014 e a posta en funcionamento da escola infantil.

Os membros do grupo municipal do Partido Popular ausent?ronse da sesi?n plenaria e cos votos un?nimes de BNG e PSdeG-PSOE aprob?ronse os catro puntos da orde do d?a.

Escola infantil

A construcci?n dun centro educativo para pequenos de 0 a 3 anos ser? unha realidade pr?xima. A infraestrutura, que se ubicar? na parte baixa do edificio anexo ao Pazo da Marquesa, ter? unha capacidade para atender a 40 nenos e nenas. A superficie ?til da escola infantil ronda os 200 metros cadrados. Contar? con despachos para o profesorado e tres aulas distintas. ? proxecto haber?a que sumarlle un patio exterior de 250 m2 que comunicar? coa zona de aprendizaxe. As previsi?ns do Concello son que a escola infantil bote a andar o vindeiro mes de outubro, ao comezo dun novo curso escolar.

Para estas obras prevese un orzamento de 110.000 euros, a cubrir nun 80 % polo Concello grazas a un convenio coa Deputaci?n Provincial. O acordo econ?mico recollerase nos orzamentos municipais de 2014, un paso m?is preto de comezar a traballar no inmoble.

Dende o consistorio, sinalan que a escola infantil ser? un aut?ntico ?servizo de conciliaci?n?, xa que cubrir? as necesidades de moitas familias, veci?as dun concello que conta cunha taxa de natalidade superior ? media comarcal.

O edil socialista Fernando M?rquez preguntou se na futura xesti?n do centro haber?a ?alg?n tipo de acercamento ? Xunta?. O BNG respondeu que ?cada vez que San Sadurni?o se acerca ? Xunta parece que a Xunta se alonxa de San Sadurni?o?, en referencia ?s sucesivas petici?ns dende o municipio para a construci?n deste edificio. Con todo, o alcalde, Secundino Garc?a, sinalou que a intenci?n municipal ? ?ofertarlle o edificio ? Xunta para que o xestione?.

Obras do POS 2014

No punto do debate plenario relativo ? Plan de Obras e Servizos provincial para o ano que v?n recoll?anse uns traballos que responden a un importe total de 134.400 euros. Levaranse a cabo seis obras de reparaci?n de pistas e d?as novas sendas peon?s, petici?ns formuladas por alg?ns veci?os nas reuni?ns sobre os orzamentos participativos.

Ademais, o POS reserva parte dos fondos para que os concellos os destinen a gasto corrente, e San Sadurni?o destinar? a este apartado o 35 % dos 205.000 euros percibidos. Neste apartado, o PSdeG-PSOE suxeriu que a devandita porcentaxe se destine ? realizaci?n de obras ?necesarias para o concello?. A resposta do edil do goberno Suso Soto foi que o gasto corrente incl?e os gastos de mantemento municipais e pequenas reparaci?ns dos bens p?blicos.

Recibo do lixo

Co?ecida a intenci?n de incrementar o prezo do tratamento dos residuos por parte da empresa Sogama, o Concello de San Sadurni?o acordaba en pleno extraordinario non aplicar esta suba no recibo do lixo. A intenci?n dende o consistorio ? facer fronte a este pago con gasto corrente para ?non imputar este incremento nos recibos da xente?.

A escola infantil de San Sadurni?o ser? unha realidade o vindeiro curso (foto: Concello)

A escola infantil de San Sadurni?o ser? unha realidade o vindeiro curso

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies