Home / Deportes / Ciclismo / San Sadurniño convida este domingo a maiores e pequenos á Ruta ciclista en familia

San Sadurniño convida este domingo a maiores e pequenos á Ruta ciclista en familia

FERROL360 | Sábado 29 xuño 2019 | 19:56

Os amantes das bicicletas están de sorte, este domingo o Concello de San Sadurniño invita a todos os usuarios deste vehículo de dos rodas a tradicional Ruta ciclista familiar que comezará ás 11:00 horas diante do CPI. O percorrido de 13 quilómetros é apto para todo o mundo cunha dificultade baixa.

A marcha ciclista terá o seguinte itinerario: A Agra, Piñeiros, estrada de Pedroso, Capela da O, Área Recreativa do Muíño de Pedroso e regreso ata o punto de inicio.

Para acudir a ruta que é gratuíta é necesario inscribirse o mesmo día a partir das 10:15 horas diante do centro escolar. Para poder participar a organización obriga o uso do casco durante todo o traxecto.

Haberá avituallamento e ao rematar a proba os ciclistas terán a oportunidade de gañar material deportivo nun sorteo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies