Home / Sociedad / Educación / San Sadurniño e a ANPA do municipio subscriben un convenio por importe de 4.000 euros

San Sadurniño e a ANPA do municipio subscriben un convenio por importe de 4.000 euros

FERROL360 | Luns 24 marzo 2014 | 19:51

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e a presidenta da ANPA do colexio público, Ana Belén Monteagudo, asinaron este luns o convenio anual de colaboración por un importe de 4.000 euros. Esta axuda será destinada tanto a gastos de funcionamento como á organización de actividades culturais e deportivas.

O documento recolle o compromiso da ANPA de organizar, como mínimo, a festa do Entroido, actividades polas Letras Galegas e cadrando cos magostos. Ademais, grazas a este convenio a ANPA subvencionará a actividade de psicomotricidade de maneira que os alumnos que participen nela só teñan que pagar un máximo de 5 euros.

Por outra banda, a entidade colaborará economicamente coas excursións escolares achegando 300 euros para as de Infantil e Primaria e outros 600 para a de Secundaria. O convenio tamén reflicte o compromiso de organizar un curso de primeiros auxilios e unhas xornadas de apicultura dentro das actividades dirixidas a 1º e 2º de Secundaria.

Para o alumnado de 3º e 4º de Secundaria tamén están previstas unhas xornadas de fructicultura coordinadas pola Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume e outras sobre economía social e cooperativismo a cargo da cooperativa de consumo responsable A Xoaniña.

Bolsas escolares

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudo e as subvencións para servizos de conciliación convocadas polo Concello. O total para este ano ascende a 20.000 euros, dos que 2.000 se reservan para posibles casos de emerxencia social. O prazo para solicitar as bolsas para estudos remata o 14 de abril, mentres que para servizos de conciliación finaliza o 15 de novembro.

Secundino García e Ana Belén Monteagudo durante a sinatura do convenio (foto: Concello de San Sadurniño)

Secundino García e Ana Belén Monteagudo durante a sinatura do convenio (foto: Concello de San Sadurniño)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies