Home / Ferrol / Fene / San Sadurniño e Fene abren o prazo de inscrición nas escolas culturais e deportivas

San Sadurniño e Fene abren o prazo de inscrición nas escolas culturais e deportivas

FERROL360 | Luns 15 setembro 2014 | 16:48

O Concello de San Sadurniño abre desde este luns o prazo para apuntarse nas escolas de cultura e deporte para o curso 2014-2015. Hai oito disciplinas para escoller, ademais dos cursos de idiomas e os obradoiros de ioga e pilates.

No caso das escolas de ximnasia de mantemento, ximnasia para persoas maiores, música -niveis 1 e 2-, gaita, pandeireta e percusión, é preciso formar grupos de dez persoas mínimo. Así, está aberto un periodo de preinscrición ata finais de mes e para anotarse hai que chamar ao teléfono 981.490.027. Tan pronto se confirme que hai xente dabondo para cada escola, se comunicará aos participantes.

¿Os prezos? A matrícula por actividade é de 15 euros e a cota trismestral varía segundo as idades. Así, as persoas menores de 18 anos ou maiores de 65 gozarán dun prezo de 19,32 euros por trimestre, mentres que as maiores de 18 e menores de 65 deberán pagar 28,97 euros cada tres meses.

Para as escolas de volei e fútbol, as inscricións xa poden facerse directamente no Aldebarán Intasa e no Clube de Fútbol San Sadurniño, xa son as entidades quen xestionan as escolas por medio dun convenio asinado anualmente co Concello. E as clases de pilates e ioga comezarán no mes de outubro e durarán ata xuño na Casa da Cultura con días e horarios distintos.

No caso dos idiomas, ofértanse os cursos centrados na aprendizaxe do Inglés e na acreditación de coñecementos sobre o Galego. Estes cursos van dirixidos a persoas adultas co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade. O prazo de inscrición estará aberto entre o 22 de setembro e o 6 de outubro.

Para informarse sobre prezos e condicións ou apuntarse en calquera destas accións formativas cómpre enviar un correo electrónico a info@centrodeestudiosedinan.es poñendo no asunto «San Sadurniño» ou ben chamar ao 650.198.917 en horario de mañá.

Para máis información, pódense consultar horarios, prezos e prazos na web do Concello de San Sadurniño.

Escolas municipais da piscina de Centieiras

O Concello de Fene abre este luns o prazo de matrícula para as Escolas de Piscina para os residentes en Fene, mentres que para a poboación en xeral será este martes. Para a totalidade das Escolas Deportivas Municipais, as datas establecidas serán o 17, 18 e 19 de setembro para os residentes en Fene, e o 22, 23 e 24 para a poboación en xeral.

Así, haberá natación para bebés, iniciación e perfeccionamento infantil, natación terceira idade, natación para embarazadas, natación terapéutica e aquagym. Mentres, no pavillón de A Xunqueira haberá escolas deportivas de fútbol sala feminino, iniciación ao baloncesto, zumba fitnes ioga, pilates, danza do ventre e o obradoiro educación física contra a fatiga oncolóxica, entre outros.

As inscricións realizaranse nas dependencias administrativas do Pavillón en horario de 8:30 a 14:30 horas e de 16:00 a 19:00 h. O horario de tarde só será para os días 15, 17 e 24 de setembro. Para máis información, pódese chamar ao 981.340.366 ou consultar a web do Concello de Fene

Escola de música de San Sadurniño (foto: Concello San Sadurniño)

Escola de música de San Sadurniño (foto: Concello San Sadurniño)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies