Home / Actualidad / San Sadurniño e Narón retoman o proxecto de saneamento na zona da Piñeiros

San Sadurniño e Narón retoman o proxecto de saneamento na zona da Piñeiros

FERROL360 | Sábado 28 outubro 2017 | 12:25

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, reuníronse esta semana para retomar o proxecto conxunto para ampliar a rede de saneamento na zona de Piñeiros e a súa conexión coa depuradora de Cornide.

O proxecto deberá ser actualizado antes de presentalo novamente a Augas de Galicia nunha xuntanza a tres bandas que, previsiblemente, se celebrará en novembro. Cabe lembrar que no ano 2008 San Sadurniño alcanzara o compromiso da Consellería de Medio Ambiente para que Augas de Galicia desenvolvera as obras e que no ano 2012 Narón sumouse á iniciativa mediante un convenio.

García afirmou que «tiñamos o compromiso da Xunta de que o saneamento o executaría Augas de Galicia», pero ata o momento non se cumpriu. «Queremos saber se a dispoñibilidade de Augas de Galicia é real ou é só propaganda. É un investimento ao que temos dereito, xa que a xente de San Sadurniño e Narón están pagando o canon da auga e parte dese canon ten que investirse na zona onde se cobra», dixo o rexedor.

Pola súa banda, Ferreiro asegurou que «é algo que nos afecta aos dous concellos, porque ao ser limítrofes hai temas nos que nos solapamos e debemos sacalos adiante coa colaboración de ambos concellos». A xuntanza con Augas de Galicia está solicitada desde hai varios días e nela presentarán o proxecto actualizado.

As obras consistirían en levar a rede de sumidoiros á zona de Piñeiros, A Portela e ás vivendas limítrofes da parroquia de Pedroso que, despois, se conectarían coa EDAR de Cornide. O estudo elaborado no seu día cuantifica o investimento nuns 250.000 euros.

Ademais do proxecto de saneamento, Secundino García e Marián Ferreiro falaron durante a xuntanza da posibilidade de abrir novas vías de cooperación entre ambos concellos noutras materias como o ámbito cultural.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies