Home / Actualidad / San Sadurniño inicia as obras de reparación de varias pistas locais

San Sadurniño inicia as obras de reparación de varias pistas locais

FERROL360 | Luns 30 marzo 2015 | 14:47

O Concello de San Sadurniño pon en marcha o Plan Marco de mellora de camiños municipais co inicio da obra no lugar da Seara, en Lamas. Este plan conta con 131.000 euros de fondos europeos, que suporán o amaño de 6,5 quilómetros de estradas municipais nas vindeiras semanas nas parroquias de Lamas, Bardaos, Santa Mariña do Monte, San Sadurniño, Ferreira e Naraío.

Por outra banda, o goberno local reserva outros 138.000 euros para tres proxectos que se desenvolverán na maior parte destas parroquias e tamén en Igrexafeita. Ambos programas deixarán listos arredor de 12,5 quilómetros de estradas municipais.

A primeira actuación con cargo aos fondos europeos estase a desenvolver na zona que une os lugares da Seara, en Lamas, con Randulfe, en Bardaos. Os traballos levaranse a cabo case de forma simultánea en todos os puntos recollidos nos proxectos, que son os seguintes: a pista entre Castrelo e A Pereira (Santa Mariña do Monte), da Veiga ao Castro e entre A Seara e Randulfe (Bardaos), o camiño de Portolamas (O Camiño Arriba), o dos Pantís (Lamas), entre Raña e A Gándara (San Sadurniño-Ferreira) e de Fontao ao Piñeiro, en Naraío.

Mentres, os proxectos do POS desenvolveranse nas pistas da Leiriña a Santiso e na do Xestal, en Ferreira, así como na pista do Vilar en Igrexafeita, nunha primeira fase. A segunda contempla o asfaltado da pista desde Castrelo ata A Veiga e o camiño da Escoitadoira, en Santa Mariña do Monte.

Por último, realízanse obras de mellora da pista entre Soutocalvo e A Vila -Ferreira-, a das Paredes no Camiño Arriba, a do Cancelo -Lamas- e o camiño de Corrás en San Sadurniño. Estas actuacións responden na maior parte dos casos a peticións formuladas nas xuntanzas do orzamento participativo celebradas a finais do ano pasado, pero tamén a criterios de urxencia e viabilidade.

Por outra banda, desde o goberno local tamén se indica que os proxectos se deseñaron buscando que beneficien ao maior número de persoas posible e procurando manter o equilibrio territorial dos investimentos.

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies