Home / Sociedad / Juzgados / San Sadurniño inicia o proceso para elixir novo titular do Xulgado de Paz

San Sadurniño inicia o proceso para elixir novo titular do Xulgado de Paz

FERROL360 | Luns 20 outubro 2014 | 20:28

Es veciño de San Sadurniño e queres ser o titular do Xulgado de Paz? Podes presentarte á convocatoria se cumples os seguintes requisitos: ter nacionalidade española, ser maior de idade, reunir as condicións establecidas na Lei Orgánica do Poder Xudicial para o ingreso na carreira xudicial, agás o da titulación en Dereito, e non ter causa de incapacidade ou incompatibilidade para desempeñar funcións xudiciais.

Así, quen teña interese pode presentar a súa solicitude no Concello ata dentro de quince días. Os interesados deben presentar unha instancia dirixida á Alcaldía facendo constar os méritos que se aleguen, así como unha fotocopia autenticada do DNI ou pasaporte e a xustificación documental dos méritos alegados.

Será o pleno municipal quen elixa por maioría absoluta o próximo xuíz ou xuíza de paz entre as persoas que presenten a súa candidatura. Segundo o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Xulgado de Paz é un órgano unipersoal situado nos municipios onde non haxa xulgados de Primeira Instancia e Instrución.

Outra característica é que asumen competencias de menor relevancia tanto na orde civil como na penal. Así, o xuíz ou xuíza de Paz pode dirimir conflitos entre partes cando se trate de reclamacións inferiores a 90 euros e incluso impartir xustiza no caso das faltas tipificadas nos artigos 620, 626, 630, 632 e 633 do Código Penal. Ademais, tamén teñen delegadas as funcións do Rexistro Civil.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies