Home / Actualidad / San Sadurniño iniciará en novembro o proceso participativo do seu planeamento urbanístico

San Sadurniño iniciará en novembro o proceso participativo do seu planeamento urbanístico

FERROL360 | Martes 27 outubro 2015 | 18:20

O goberno local de San Sadurniño levará ao pleno do vindeiro sábado 7 de novembro a aprobación inicial do planeamento urbanístico municipal. Arranca así un proceso que continuará cun periodo de exposición pública e de recollida de alegacións para o que o Concello quere contar coa máxima participación veciñal.

Co obxectivo de explicar o proceso de tramitación do PXOM, o departamento de Participación convocou xuntanzas nas sete parroquias de San Sadurniño onde tamén se abordará a configuración do Orzamento Participativo 2016. A primeira das reunións será en Bardaos o luns 9 de novembro.

O calendario de xuntanza proseguirá o martes 10 de novembro en Ferreira, o mércores en Santa Mariña do Monte, o xoves en Igrexafeita e o venres no Camiño Arriba. O luns 16 tocaralle á parroquia de Naraío, o martes 17 á de San Sadurniño e o mércores desa semana a rolda de encontros veciñais finalizará en Lamas.

Todas as xuntanzas están fixadas para as 19.30 horas nos locais sociais de cada unha das parroquias agás no caso de San Sadurniño, onde terá lugar na Casa da Xuventude.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies