Home / Sociedad / Naturaleza / San Sadurniño insta á Xunta a tomar medidas para evitar verquidos contaminantes ao río Castro

San Sadurniño insta á Xunta a tomar medidas para evitar verquidos contaminantes ao río Castro

FERROL360 | Sábado 17 outubro 2015 | 16:47

O Concello de San Sadurniño pide á Xunta de Galicia que tome medidas para evitar verquidos contaminantes ao río Castro. E é que nos últimos días o cauce do río apareceu tinguido de branco e en Naraío a auga corrente discorría cunha cor estraña. Desde o Concello informan que alertaron á Garda Civil e ao SEPRONA para que fixesen as pertinentes indagacións e levantasen atestado.

Todo apunta a unha nova vertedura procedente da canteira de áridos situada moi preto do nacemento do río, indican desde o Concello que xa cursou dúas solicitudes para que tanto a Dirección Xeral de Conservación da Natureza como a de Enerxía e Minas tomen medidas urxentes.

Segundo a administración local, o complexo extractivo situado no municipio das Pontes, «verte as súas augas ao río Castro» e este «non é o primeiro episodio de contaminación que se produce no río» polas mesmas causas.

Nas misivas o Concello lembra que o río Castro se encontra nunha Zona de Especial Conservación formando parte da Rede Natura 2000 e que, ademais, parte do seu cauce ten a cualificación de couto de pesca sen morte.

Por iso o gobernó local pide a Medio Ambiente que «asegure a pronta recuperación ambiental» do río e que se inste aos departamentos competentes para asegurar que a canteira «tome as medidas preventivas axeitadas que permitan compatibilizar a súa actividade coa conservación dos valores ambientais da ZEC Xubia-Castro».

Malia non atoparse peixes, desde o Concello indícase que se trata dunha situación «que lle afecta á fauna fluvial e á calidade paisaxística do contorno».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies