Home / Actualidad / San Sadurniño investirá 350.000 euros en intervencións na rede viaria municipal

San Sadurniño investirá 350.000 euros en intervencións na rede viaria municipal

FERROL360 | Venres 11 xullo 2014 | 19:37

O Concello de San Sadurniño levará a cabo distintas intervencións na rede viaria municipal con fondos propios e tamén do Plan de Obras e Servizos. Así, as actuacións do POS están xa en marcha e contan cun orzamento de 133.500 euros. Mentres, o Concello investirá 212.000 euros das arcas municipais para realizar melloras na rede viaria.

En canto ás obras do POS, estas marchan a bo ritmo e nalgúns casos, como na pista entre A Longra e Riolimpo (Naraío), xa están rematadas. Entre A Camba e Felgosa e desde Ramil até A Camba tamén se está traballando, aínda que de momento só se taparon algunhas fochancas e se limparon as cunetas, á espera de que nestes días se lle bote ao firme unha nova capa de asfalto. O arranxo é de case catro quilómetros da rede viaria municipal.

Por outra banda, no paquete do POS tamén van incluídas dúas sendas peonís. A de máis lonxitude farase no lugar de Vilachá, en Santa Mariña do Monte, sobre un trazado por ambas marxes da estrada que, nun dos lados, cubrirá case medio quilómetro de percorrido. A outra senda está xa case lista e discorre por unha banda da pista do Chao de Lamas, cunha distancia de 160 metros.

As obras que levará a cabo o propio Concello céntranse no mantemento das estradas públicas. Así, 149.900 euros irán parar ao aglomerado da pista entre A Vidueda e O Chao, en Naraío, que recolle gran parte do tráfico desta parroquia -e tamén de Igrexafeita- cara ao centro urbano. Ao mesmo tempo, o goberno adica unha partida para rebacheos e pequenas reparacións en distintos puntos.

A edil de Obras, Amparo Calvo, destaca «o alto nivel de investimento municipal no mantemento das pistas e estradas públicas» e indica que é importante «conservar a rede viaria no mellor estado posible».

As obras en Chao de Lamas xa están rematadas (foto: Concello de San Sadurniño)

As obras en Chao de Lamas xa están rematadas (foto: Concello de San Sadurniño)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies