Home / Actualidad / San Sadurniño iza a bandeira saharaui no 40 aniversario da súa loita pola independencia

San Sadurniño iza a bandeira saharaui no 40 aniversario da súa loita pola independencia

FERROL360 | Venres 26 febreiro 2016 | 18:05

Este sábado cúmplense corenta anos da proclamación da República Árabe Saharaui Democrática e para conmemorar esa data o Concello de San Sadurniño izou este venres a bandeira saharaui. O alcalde da localidade, Secundino García, afirmou que este acto simbólico pretende lembranos que a situación do Sahara é «consecuencia da actitude cobarde do Estado español».

Desde xeito, o goberno local quere mostrar o seu apoio ao pobo exiliado nos campamentos de refuxiados de Tinduf e tamén poñer o acento en que «hai resolucións da ONU que din que o Sahara é un territorio libre».

García criticou que «o Estado español deixou desprotexido este territorio» e afirmou que é tempo de que o Sahara leve a cabo un referéndum para que os seus habitantes decidan o seu futuro. Unha consulta de autodeterminación anunciada desde 1991 e que non chegou a celebrarse polo bloqueo de Marrocos, que mantén ocupado o Sahara desde o seu abandono por parte de España.

Pola súa banda, Benigno López, coordinador en Ferrolterra da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, lembrou que a día de hoxe aínda hai moita xente nos campamentos de refuxiados, que viven da axuda humanitaria, cada vez máis escasa.

López denunciou que nos territorios ocupados «non se respetan os dereitos humáns» e censurou que non deixan entrar as delegacións interenacionais para que non conte o que alí acontece.

Ao acto asistiron varios veciños, membros da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, parte do equipo de goberno e o voceiro do grupo municipal do PP, Manuel Romero Castrillón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies