Home / Deportes / Baloncesto / San Sadurniño organiza a quinta edición do Tetramaratón

San Sadurniño organiza a quinta edición do Tetramaratón

FERROL360 | Mércores 2 abril 2014 | 12:35

O Clube de Fútbol San Sadurniño e o C. V. Aldebarán colaboran xunto á área de Deportes do municipio na organización do V Tetramaratón, que terá lugar o vindeiro 17 de abril.

O pavillón municipal acollerá unha cita na que poderán participar os maiores de 15 anos. Terán que agruparse en pequenos equipos -entre 5 e 6 persoas- para xogar a voleibol, fútbol sala, baloncesto e hóckey.

No volei 5×5 disputaranse dous sets a 7 puntos, con catro xogadores no campo por equipo. Tanto en fútbol sala coma en baloncesto xogaranse 10 minutos sen parar e no hóckey permitirase xogar con ou sen patíns e, ao igual que nos anteriores deportes, o tempo correrá sen pausa durante 10 minutos.

Os partidos sucederanse ao longo da mañá, comezando ás 09:30 horas. Por cada encontro, o equipo gañador sumará dous puntos e un se hai empate. Os catro equipos que acaden unha maior puntuación xogarán as semifinais. En caso de estaren igualados dous equipos, xogarase un partido de desempate elixindo o deporte por sorteo.

A inscrición é gratuíta e o prazo remata o día 15. Poderá realizarse na Casa da Cultura entre as 09:30 e as 14:00 horas. Haberá premios para o primeiro e segundo clasificados valorados en cheques de 50 e 25 euros por participante a canxear por material deportivo.

O V Tetramaratón de San Sadurniño terá lugar o vindeiro 17 de abril no pavillón municipal (foto: Concello)

O V Tetramaratón de San Sadurniño terá lugar o vindeiro 17 de abril no pavillón municipal (foto: Concello)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies