Home / Sociedad / Naturaleza / San Sadurniño organiza unha charla para buscar alternativas ao tratamento de residuos de Sogama

San Sadurniño organiza unha charla para buscar alternativas ao tratamento de residuos de Sogama

FERROL360 | Luns 10 marzo 2014 | 14:46

Atopar vías distintas ao tratamento do lixo, procurando opcións «máis eficaces, máis sustentables e máis baratas» ao modelo Sogama, é o obxectivo dunha charla que terá lugar en San Sadurniño este sábado.

Dende o consistorio sinalan que desexan estudar posibles métodos de xestión de residuos sólidos urbanos, distintos ao que actualmente leva a cabo a empresa pública. Ao acto informativo O tratamento dos RSU a debate. Un problema ou unha oportunidade? están convidados outros municipios, ademais dos catro grupos políticos con representación no Parlamento galego. Nel, queren dar resposta aos seguintes interrogantes: ¿hai outras maneiras de tratar o lixo? ¿que custe teñen? ¿son sustentables desde o punto de vista ambiental e social? ¿serían asumibles e adaptables á realidade galega?.

O debate xorde en parte, polo incremento do 34 % do canon implantado recentemente pola Sociedade Galega do Medio Ambiente para tratar os residuos. Sogama, que opera no 90 % dos concellos galegos, emprega a incineración dunha gran parte do lixo que recolle en case toda Galicia. Este método convence cada vez menos a algúns municipios que apostan por promover medidas máis sostibles para o medio ambiente.

A sesión que se celebrará na casa da cultura dende ás dez da mañá, vai dirixida principalmente a técnicos e cargos políticos dos concellos pero está aberto a toda a cidadanía. Nela, exporanse algúns modelos que actualmente funcionan en España e no resto de Europa onde a incineración é substituída por outros modelos que defenden o aproveitamento enerxético, a compostaxe orgánica ou a recollida selectiva. Algúns destes tratamentos funcionan na Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, no madrileño Rivas-Vaciamadrid, en Sant Sadurní d’Anoia ou en cidades suecas como Linköping e Motala.

Na charla do sábado, haberá tamén unha mesa redonda moderada polo profesor da Universidade de A Coruña, Manuel Soto e á que están convidados tamén representantes de ADEGA, da Sociedade Galega de Historia Natural. Xa confirmaron a súa asistencia varios alcaldes da comarca e do resto de Galicia.

A xornada poderá seguirse por internet durante toda a mañá a través do Facebook e da conta en Twitter (@concellosansa) do Concello de San Sadurniño e co hashtag #alternativasogama.

sogama_charla Sansa

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies