Home / Ferrol / San Sadurniño / San Sadurniño prevé rematar en 15 días as obras na estrada da Bidueda

San Sadurniño prevé rematar en 15 días as obras na estrada da Bidueda

FERROL360 | Martes 28 outubro 2014 | 14:41

O Concello de San Sadurniño prevé rematar as obras de aglomerado na estrada da Bidueda antes de 15 días. Os traballos, orzamentados en case 149.000 euros, consisten na reparación da vía que une o Chao coa Bidueda. Ademais, o goberno local pediu precaución ao volante cando se circule pola zona porque hai maquinaria traballando.

As obras consisten na limpeza das beiras da estrada e logo o aglomerado completo da vía, uns 3,4 quilómetros de trazado cun firme de 4,5 metros de ancho. O treito é un dos principais eixes de comunicación entre as parroquias de Naraío e Igrexafeita e o centro urbano.

O firme da estrada será moito máis resistente que o asfalto convencional, segundo o Concello, porque o obxectivo é que o acabado sexa o mellor posible e que non haxa que actuar de novo na pista durante varios anos. O prazo de 15 días é o previsto sempre que o tempo acompañe, xa que a empresa adxudicataria é reacia a traballar chovendo polas consecuencias negativas que tería a auga na durabilidade da obra.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies