Home / Deportes / San Sadurniño recibe este sábado aos campións da Copa Príncipe de volei

San Sadurniño recibe este sábado aos campións da Copa Príncipe de volei

FERROL360 | Venres 22 xaneiro 2016 | 14:00

O Concello de San Sadurniño prepara un recibimento oficial ao Club Deportivo Aldebarán, gañador da Copa Príncipe de volei, para este sábado. Os flamantes campións participarán nun acto, que comezará ás 12:00 horas, na casa consistorial.

Trátase dunha homenaxe ao clube tanto polo seu éxito copeiro como polo traballo que vén desenvolvendo a prol do deporte de base desde a súa creación en 1992. A recepción coincide en día co partido entre o Aldebarán e o CN Boiro para meterse entre os catro primeiros clasificados da SM2. Será no Pavillón Municipal ás 19:30 horas.

O Aldebarán vive un momento espléndido, xa que ademais de facerse coa Copa Príncipe, hai tan só unha semana gañou por un contundente 0-3 ao Leganés. Este sábado espera repetir resultado perante o Boiro, no derbi entre as dúas únicas formacións galegas da superliga, que promete ser intenso.

Os da costa marchan cuartos na táboa e o Aldebarán vénlles facendo luces desde o quinto posto e con tan só un punto de diferenza. De aí que unha vitoria local signifique achegarse un pouco máis aos postos de cabeza, ocupados con vantaxe, de momento, polo Can Ventura Palma, o CyL Palencia e o Barcelona.

Apoio do público

O clube volveu facer un chamamento a través das redes sociais para encher o pavillón, sabedor de que o ánimo e maila presión da afección sempre son factores que axudan. Un chamamento ao que se une o Concello de San Sadurniño.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies