FERROL360 | S?bado 16 novembro 2013 | 13:22
O Concello de San Sadurni?o v?n de solicitarlle novamente ? Deputaci?n que se retiren varios indicadores do plan de dinamizaci?n tur?stica Ferrol-Ortegal. Dende o consistorio, afirman que se trata de sinais in?tiles que poden provocar confusi?ns. Explican que unha docea de indicadores dirixen a unha casa de turismo rural en Nara?o pechada dende hai dous anos.
Tam?n critican que o ente provincial colocara alg?ns antes de Semana Santa en direcci?n ao aloxamento pechado. No seu momento, xa lle solicitaran a retirada porque, como apunta o edil de Cultura e Turismo, Manolo Varela, ?non hab?a traza de que o establecemento fose abrir de novo e porque se lle estaba dando unha informaci?n err?nea aos visitantes?.
Os indicadores seguen no seu sitio e mesmo din que a Deputaci?n ampliou recentemente a sinalizaci?n con novos postes na estrada de Ortigueira. Hai uns d?as, o Concello remitiulle ao organismo provincial unha nova solicitude formal para que deixen de colocar estes sinais e retiren os xa existentes.
O escrito enviado polo Concello de San Sadurni?o incl?e unha proposta alternativa para que se sinalicen outros atractivos tur?sticos do municipio, como son o paseo fluvial do r?o Xuvia e toda a contorna do arboreto galego. ?Propux?moslle ? Deputaci?n que se aproveiten os soportes e postes para indicar novos recursos tur?sticos?, indica Varela. Est?n ? espera de recibir resposta oficial por parte do ente provincial.