Home / Actualidad / San Sadurniño solicita converterse en Punto de Información Catastral

San Sadurniño solicita converterse en Punto de Información Catastral

FERROL360 | Luns 23 maio 2016 | 17:30

O Concello de San Sadurniño quere incorporarse á rede de oficinas de información catastral para ofrecer este servizo no rexistro municipal. Os Puntos de Información Catastral son oficinas nas que a cidadanía acceden dun xeito doado á información catastral sobre as súas propiedades, ademais de ofrecerlle un completo catálogo de xestións a realizar sen ter que desprazarse ás delegacións.

Os Puntos de Información Catastral teñen as mesmas funcións que unha oficina do Catastro e tamén se poden realizar trámites comúns como acceder a información de carácter xeral e particular sobre inmobles; asesorase sobre obrigas perante o Catastro e notificar por comparecencia en procedementos catastrais.

Tamén se poden realizar consultas libres e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixitale hai un servizo de consulta e certificación electrónica -para persoas titulares ou con delegación acreditada- de datos catastrais protexidos relativos a inmobles da súa titulariedade.

O Catastro ten unha normativa moi estricta en canto ao acceso á información que contén datos protexidos. De aí que para acceder aos servizos que inclúen este tipo de información hai que ser titular catastral ou actuar como representante ou persoa autorizada, unha circunstancia esta última que sempre deberá estar acreditada coa correspondente documentación.

Este servizo, o das solicitudes mediante representación, non se ofrece nos Puntos de Información Catastral, senón que debe tramitarse directamente na Xerencia do Catastro, ao igual que aquelas solicitudes en que non coincidan o NIF da persoa titular do ben e a da solicitante, algo que adoita ocorrer, por exemplo, no arranxo de herdanzas tras unha morte recente.

O Concello de San Sadurniño cursou a súa petición de converterse en PIC o pasado 12 de maio. De momento non houbo resposta por parte da Xerencia rexional do Catastro, aínda que se agarda que a solicitude se resolva en breve para comezar a prestar o servizo o antes posible.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies