Home / Actualidad / San Sadurniño somete ao pleno deste xoves os orzamentos de 2015

San Sadurniño somete ao pleno deste xoves os orzamentos de 2015

FERROL360 | Luns 15 decembro 2014 | 13:59

Pleno extraordinario este xoves en San Sadurniño para debatir sobre os orzamentos de 2015. As contas do goberno local sitúanse nos 2,8 millóns de euros, un 10 % máis que en 2014, e nelas destaca a suba do apartado de investimentos e o incremento da partida para transferencias correntes.

Este incremento está motivado polo aumento do apartado de axudas para entidades e para servizos de conciliación. En todo caso, desde o Concello aseguran que este aumento non suporá a suba das taxas ou dos impostos.

De feito, segundo indican, se manterán en cifras semellantes a anos anteriores e mesmo con rebaixas dun 50 % en certos servizos municipais debido á entrada en vigor do Carné Xove.

Por outra banda, na sesión tamén se falará do acordo alcanzado hai tan só uns días con Moeche para facer o deslinde entrambos concellos, na zona da Corveira, tras case corenta anos de conflitos. A comisión mixta -formada por técnicos, políticos e veciños- logrou tras un intenso traballo de campo e varias reunións establecer por onde discorren os límites municipais.

Deste xeito, corrixiranse numerosas imprecisións xeradas durante a primeira metade do século XX e que a mediados dos 70 desembocarían nun conflito legal con varios episodios ata a actualidade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies