Home / Cultura / Sandford Music Factory: «Facer música hoxe en día convírtese nun xeito de artesanía»

Sandford Music Factory: «Facer música hoxe en día convírtese nun xeito de artesanía»

REBECA COLLADO | Luns 22 setembro 2014 | 10:30

«Se queres algo vai a por elo», este dito pódese aplicar á perfección á banda de rock de Ferrolterra, Sandford Music Factory. Miguel Anxo, Lou, Fernán Varela e Xurxo, integrantes do grupo, teñen aberto un proxecto en Verkami para editar o seu terceiro álbum e «axudarnos a non ter que empezar estre proxecto con moitos ceros negativos na nosa conta».

Aínda que confesan que ata o pasado ano nunca se lles pasara pola cabeza ter que recurrir ao crowfunding, agora están metidos de cheo nesta iniciativa que está a ter moi boa acollida. E é que a falta de 26 días para que remate, conseguiron 2.473 euros dos 3.150 fixados. Se ve que hai gañas de escoitar as novas cancións da banda.

FERROL360 – Abrides o crowfunding para sacar adiante a edición do voso terceiro traballo. Se non logrades acadar a cifra fixada, haberá álbum de todos os xeitos ou a única opción que queda é o mecenazgo?
Sandford Music Factory – Haberá álbum de tódolos xeitos, en formato dixital e ó mellor en cd. O que non sairá sería en vinilo ou digipack. Son opcións de edición moi caras…

360 – Levades recadado una boa parte do obxectivo que vos puxechedes en Verkami. Están saíndo as cousas como esperábades?
SMF – Pois a verdade é que si, a xente ten gañas de ter o novo disco. Tamén intentamos poñer os prezos máis asequibles posibles, como por exemplo podes conseguilo vinilo, camiseta e descargas dixitais dos nosos tres discos por 27 euros, cos gastos de envío engadidos. Pensamos que son boas ofertas e a xente estao a recibir moi ben.

360 – Ofrecedes ata 15 recompensas que van desde os oito ata os 1.000 euros. Incluso hai a posibilidade de realizar un acústico na casa dun mecenas. Alguna vez se vos pasou pola cabeza que teríades que facer estas cousas para publicar un disco?
SMF – Pois non, ata o ano pasado non comenzamos a ver a posibilidade do crowdfunding, xa que fai uns anos tocábase máis e con mellores condicións económicas e unha banda podíase autofinaciar, pero agora… é moi compricado, os cachés baixaron moito e poucos festivais aguantan o tirón, etc.

360 – Na vosa iniciativa recalcades que publicar un disco non é precisamente barato. De seguro moita xente pensa que con todos de programas que podemos baixar da rede non pode ser tan custoso….
SMF – Bon, queremos aclarar que nós facemos crowdfunding pra poder editalo en boas condicións e en formatos bos coma o digipack ou vinilo. Pero a gravación é cousa nosa e a verdade, se queres manter un bo son e soar profesional tes que meterte nun estudo. Un disco gravado na casa pode soar decente, incluso ben, pero se notan moitas carencias. Xa por non falar da batería, iso é imposible de facer soar na casa, e si non soa a bateria non soa o disco.

Avanzouse moitisimo e pódense facer cousas moi chulas na casa, incluso nalgúns estilos pódese gravar e conseguir cousas profesionais na casa, pero si queres rockear esquece facelo na casa, non vai soar. Logo está o tema do mastering e a mistura, algo do que a xente parece que non lle da moita importancia e é importantisimo. Algo que facelo ben require de moita experiencia e grandes inversións que alguén na casa non pode ter.

Miguel Anxo, Lou, Fernán Varela e Xurxo son Sandford Music Factory. Na foto aínda aparece o antigo baxista Beni (foto: cedida)

Miguel Anxo, Lou, Fernán Varela e Xurxo son Sandford Music Factory. Na foto aínda aparece o antigo baxista Beni (foto: cedida)

360 – O voso segundo disco, Awen, tivo moi boa acollida. Entrou na lista de mellores discos do ano nas revistas Rockzone, Mondosonoro e no programa de Radio3, Capitán Demo. Tamén fora das nosas fronteiras foi seleccionado na listaxe de mellores disco da web xermana Psychorizon. As discográficas xa non “fichan” grupos musicais, non si?
SMF – As grandes discográficas non apostan polo rock e as pequenas pasan a funcionar como meras distribuidoras. Así que facer música hoxe en día convírtese nun xeito de artesanía, na que os grupos e a xente que nos apoia suple o baleiro deixado polas discográficas na industria, se é que hoxe en día se pode chamar así.

360 – No mes de xullo uníase ao grupo David Lourido como baxista tras a marcha de Beni. O proceso de adaptación está completado?
SMF – Despois de 10 anos con Beni, pensábamos que o proceso de adaptación ía ser moito máis duro do que está sendo. Non pola incorporación de Lourido, que é un dos mellores baixistas que podes escoitar en Galicia hoxe en día, senón polas rarezas e manías de Xurxo, Fernán e Miguel (risas). A verdade é que suplir a un gran baixista con outro gran baixista fai o traballo moito máis doado.

360 – Estades involucrados na plataforma Ferrol Crea que reivindica máis espazos culturais na comarca e unha maior atención aos creadores. Desde o voso punto de vista, cales son as principais carencias coas que se atopa un grupo de música en Ferrolterra?
SMF – Pois supoño que as mesmas que se atopa calqueira grupo ou artista en calqueira outro lugar da península. Parece que hai unha intención clara de rematar con toda a cultura que non pase o filtro do “réxime”, todo o que faga algo de ruído, sonoro ou ideolóxico tornouse en molesto e parece que escoitar ou ver cousas novas carece de interese para moita xente.

No caso de Ferrol parece que todo o que se fixo fóra da década dos 80 non vale para nada, cando dende o meu punto de vista, é un dos lugares en Galicia con maior inquietude e calidade artística. Non creo que lle teñamos nada que envexar a Vigo, que é o exemplo galego de como exportar cultura local.

360 – Unha vez o álbum saia do forno, onde o poderemos atopar?
SMF – Os anteriores discos estiveron á venda nas pricipais cadeas de distribución física e agardamos que este poida estar á venda no maior número de sitios posibles. Ademais, poderedes atopalo para escoita e descarga no noso Bandcamp e por suposto poderedes pedilo por correo en sandfordmusicfactory@gmail.com ou mesmo se vos poñedes en contacto con nós por Facebook ou Twitter. Pero a nosa recomendación é que vos pasedes por calqueira dos nosos concertos nos que, se o crowdfunding vai ben, teremos copias suficientes, e así, ademais vémonos as caras e falamos.

360 – Xa tedes fixada alguna fecha para vindeiros concertos?
SMF – A verdade é que todo depende de cando rematemos de gravar e editalo disco, pero de seguro que haberá novidades a partires de novembro.

Estaremos atentos!

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*