Home / Ferrol / Narón / Sedes acolle este sábado dous obradoiros sobre apicultura con inscrición aberta

Sedes acolle este sábado dous obradoiros sobre apicultura con inscrición aberta

FERROL360 | Venres 19 abril 2019 | 13:49

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) convoca un obradoiro sobre colleita e conservación de pole e outro de obtención e preparación de propóleos, que terán lugar este sábado no local social da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, en Sedes.

As persoas que desexen anotarse poden facelo a través do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com, debendo abonar 10 euros as persoas socias de AGA e veciños e veciñas empadroados en Narón. O prezo é de 50 euros para o público en xeral. Con estas cotas cúbrense os custes dos consumibles e as persoas asistentes recibirán o resumo dos obradoiros en formato dixital.

O primeiro dos obradoiros, sobre colleita e conservación de pole, dará comezo ás 10.00 horas e impartirao un produtor de Celanova, José Fernández. Mentres, o obradoiro sobre obtención e preparación de propóleos, que será a continuación, correrá a cargo dun dos socios da delegación de AGA en Ferrolterra.

Dende o colectivo explican que estas propostas se dirixen «a persoas interesadas na elaboración de produtos para consumo propio», animando á veciñanza a inscribirse. Estes obradoiros, xunto con outras actividades que AGA Ferrolterra desenvolverá na cidade nas vindeiras semanas, enmárcanse no convenio que o Concello de Narón mantén coa entidade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies