Home / Cultura / Sedes acollerá este sábado unha nova edición da ‘Noite da Luz’

Sedes acollerá este sábado unha nova edición da ‘Noite da Luz’

FERROL360 | Venres 13 decembro 2019 | 10:02

O concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e Manuel Rico e Enrique Rodríguez, presidente e secretario, respetivamente, da asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes presentaron este xoves os actos do programa Noite da Luz, que se desenvolverán este sábado. A cita terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e nas inmediacións da Feira do Trece.

A saída da Comitiva da Luz marcará o inicio do programa, ás 18.30 horas, das inmediacións da capela de Santa Lucía, preto da Feira do Trece. As persoas que desexen participar sairán con candeas dende a capela ata o cumio do Monte Esperón para levar a cabo o prendido da Roda da luz».

Esta roda está formada por trece grandes fachos elaborados pola veciñanza de Sedes e que se dispoñen en forma de círculo representando as trece parroquias de Narón. Unha vez acesos, se o tempo o permite, pódense ver dende diferentes puntos da localidade.

Finalmente, ás 20.00 horas poderase degustar un caldo elaborado pola veciñanza de Sedes no Centro Cívico Social da parroquia para entrar en calor.

Os representantes da entidade veciñal agradeceron a colaboración do Concello e do Padroado da Cultura de Narón «porque sen a axuda do persoal e económica isto non podería saír adiante». Sanchez Fojo agradeceu a colaboración e implicación dos veciños e veciñas de Sedes neste evento.

Un evento, dixo o edil, co que se aposta por defender e difundir «o noso patrimonio cultural, poñendo en valor unha tradición dos nosos ancestros e na que poden participar persoas de diferentes xeracións, axudando a mantela viva no tempo».

O Padroado da Cultura de Narón e a entidade veciñal implicáronse un ano máis neste evento, próximo á festividade de Santa Lucía, que é o día do ano con menos horas de luz.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies