FERROL360 | Xoves 7 abril 2016 | 19:36
Arte de las putas, una historia de amor é o segundo espectáculo incluído no Festival do Monólogo Teatral «Singular», organizado conxuntamente polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora teatral Eme2. A peza, protagonizada por José L. Esteban, chegará ao Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón da man de Jotacción a partir das 20:30 horas.
O espectáculo, dirixido ao público adulto, ten unha duración de algo máis dunha hora. Neste tempo o público presenciará unha obra que remontará ao público aos clásicos, a esas historias que os nosos ancestros queren transmitirnos e na que non faltarán o humor, a ironía e a música.
O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
O Festival do Monólogo Teatral «Singular» inaugurouse o pasado venres co Monólogo do imbécil, escrito e dirixido polo naronés José Prieto e protagonizado por Xosé Antonio Touriñán. Este ciclo impulsado desde o Padroado da Cultura e Eme2 rematará o vindeiro 22 de abril.