Home / Cultura / Seis citas para achegarnos á figura de Carvalho Calero desde todos os prismas

Seis citas para achegarnos á figura de Carvalho Calero desde todos os prismas

REBECA COLLADO | Ferrol | Luns 18 abril 2016 | 15:01

A súa faceta de profesor, de político, de lingüista, de literato, e tamén a súa faceta humana, serán as temáticas sobre as que xirará a programación que o Concello de Ferrol e a Comisión Pro Carvalho Calero organizan para darlle un novo pulo á petición a Real Academia Galega para que adique o Día das Letras Galegas 2017 ao historiador ferrolán.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e Bernardo Maiz, da Comisión, foron os encargados de presentar os actos este luns en rolda de prensa. Ambos coincidiron en sinalar que «hai motivos máis que sobrados» para que a RAG lle adique o Día las Letras Galegas 2017 a Carvalho Calero.

Basterrechea afirmou que a pesares de ser «o grande perdedor» por non acadar este nomeamento, o certo é que todos os anos o nome de Ricardo Carvalho Calero está vinculado ao 17 de maio.

Pola súa banda, Maiz salientou que é a cuarta vez que a comisión propón ao ferrolán e pregúntase porque a RAG lle nega tal honra a un home que foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e tamén foi membro da academia.

Programación

A programación arranca este martes, ás 19:30 horas na Galería Sargadelos, cunha charla que leva por titulo «Ricardo, o noso pai» e que correrá a cargo da filla do profesor e historiador ferrolán, Victoria Carballo-Calero Ramos.

Xa o 22 abril, ás 20:00 horas no centro cultural Torrente Ballester, proxectarase o documental Carvalho Calero, Vieirios de Esperanza, dirixido por Antón Rodríguez. O 5 de maio, ás 19:30 horas no IES Concepción Arenal, Henrique Dacosta farlá de «O literato Carvalho Calero» e o 6 de maio, ás 20:00 horas na Fundación Artábria, Bernardo Maiz abordará a acción política Carvalho. Calero.

Os organizadores decidiron facer un parón nos días previos e posteriores ó Día das Letras Galegas, e a programación retorno o 24 de maio, no Ateneo ás 19:30 horas , coa conferencia «Carvalho Calero, profesor e lingüista», a cargode Aurora Marco e Xose María Dobarro.

Para finalizar, o 25 de maio no Ateneo, ás 19:30 horas, Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer falarán sobre «O Lugo de Carvalho Calero e Manuel María».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies