FERROL360 | Sábado 28 maio 2016 | 16:22
Este domingo Semente Trasancos celebrará a III edición da «Romaria Pequeninha», unha cita que sempre garda relación coas Letras Galegas. Durante a xornada de festa haberá un xantar aberto no espazo educativo Semente Trasancos, a prensentación dun libro, sesión de contacontos e xogos circenses.
Tras o almorzo, ás 17:00 horas, terá lugar a presentación do libro A Escola das Irmandades da Fala, no que se recollen diversos artigos e estudos sobre as escolas de ensino galego das Irmandades da Fala que se desenvolveron na Coruña da man de Ánxel Casal e Leandro Carré, entre outros.
Ademais, no libro cóntanse outras experiencias pioneiras da educación en Galicia. A presentación contará coa presenza do dramaturgo e poeta Marcos Abalde, que cordinou a edición deste libro editado por Semente Trasancos.
A continuación, ás 18:00 horas, haberá unha sesión de contacontos a cargo de Antón Cortizas e ao remate da mesma están programadan actividades de xogos circenses con Pico do Sol. Para repoñar forzas haberá unha merenda. Os interesados tamén poderán visitar o espazo educativo.