Home / Ferrol / Ares / Semente Trasancos presenta un disco de cancións tradicionais

Semente Trasancos presenta un disco de cancións tradicionais

FERRROL360 | Luns 28 decembro 2015 | 17:05

O espazo educativo Semente Trasancos lanza un disco de cancións tradicionais con cinco cantareiras da comarca. Alberte Maceiras encárgase da dirección musical e outros catro músicos completan Músicas para a Semente, un CD que está á venta a un prezo de dez euros.

Unha das cantareiras e pandereiteiras, Iria García, socia de Semente Trasancos, afirma que «traballamos moito as raíces das cancións tradicionais de Galiza e Portugal, é un agasallo para todas as crianzas deste país mais é un CD para todas as idades».

García comenta que os músicos tamén gozaron moito ao facelo e agradecen o gran esforzo de diferentes persoas da comarca que puxeron o seu coñecemento para que fose unha realidade.

O CD é en formato libro e está deseñado polos ferroláns Gelo e Juanlu. Dentro atópanse as letras das cancións e unhas verbas escritas polo dramaturgo, Marcos Abalde.

Iria define todo este traballo en dúas palabras ilusión e esforzo» e desde Semente engaden unha terceira «solidariedade», porque todo o beneficio vai para a Semente.

Os pontos de venta son: A Fundaçom Artábria en Ferrol, en Narón O Muíño do Fabal, xoguete didáctico e Semente Trasancos, en Ares a libraría Carpe Diem, en Pontedeume Colectivo Terra, bar futbolín e bar Valadouro.

En Lugo colectivo Madia Leva e bar a Fouce, en Compostela libraría NUMAX, en Ribeira tenda Rei Zentolo Ribeira e en Vigo Semente Vigo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies