Home / Actualidad / SEPES rebaixa o prezo das parcelas do polígono de Río do Pozo un 30 % en outubro

SEPES rebaixa o prezo das parcelas do polígono de Río do Pozo un 30 % en outubro

FERROL360 | Martes 30 setembro 2014 | 20:29

A Entidad Estatal del Suelo, SEPES, efectuará unha rebaixa do 30 % no prezo de todas as parcelas en venda no polígono de Río do Pozo. Esta oferta estará vixente do 1 ó 31 de outubro e as persoas ou empresas interesadas poderán recabar máis información no Concello de Narón, no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1204) ou no correo electrónico naron@naron.es.

A superficie total en venda suma 339.460 metros cadrados, divididos en 58 parcelas, cun prezo medio de 40 euros o metro cadrado. A maioría delas están situadas no Sector IV do polígono e teñen diferentes tamaños, desde 2.000 ata máis de 20.000 metros cadrados.

A elas hai que sumar unha parcela de 5.370 metros cadrados situada no Sector I, na rúa Bernardo Romero, e destinada a equipamento social.

Parcelas Rio do Pozo

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies