Home / Ferrol / Ferrol / Sergio Pena (Comunistas da Galiza): «Síntome especialmente vinculado a Caranza»

Sergio Pena (Comunistas da Galiza): «Síntome especialmente vinculado a Caranza»

FERROL360 | Sábado 23 mayo 2015 | 11:19

Sergio Pena é o canditado de Comunistas da Galiza pola Álcaldía de Ferrol. É de Ferrol e ten 25 anos.

Un libro: Dez días que estremeceron ao mundo de John Reed.

Un filme: Pago justo de Nigel Cole.

Unha canción: Gustoume Tempestades de sal, de Sés. Se me fose máis ao clásico diría Like a Rolling Stone de Dylan e, se tirase para o rock duro, escollería Novas Batallas de Mencer Vermello.

Unha comida: Pizza.

Unha bebida: 1906, de Estrella Galicia

Un personaxe: Segundo Vilaboy, traballador de Bazán e comunista, que ergueu a bandeira da liberdade e a loita obreira na posguerra, e morreu fusilado polo franquismo por defender a dignidade e os dereitos da clase traballadora.

Unha cita famosa: Decidir unha vez cada certo número de anos qué membros da clase dominante han de oprimir e esmagar ao pobo no parlamento: hei aquí a verdadeira esencia do parlamentarismo burgués, non só nas monarquías constitucionais parlamentarias, senón tamén nas repúblicas máis democráticas (Lenin, O Estado e a Revolución).

Un deporte: Bicicleta de montaña.

Café ou cervexa? Onde? Gústanme ambas, depende do momento do día e do contexto no que me atope. En calquera lado con boa compañía.

Praia ou montaña? Por qué escoller, se en Ferrol temos unha a carón da outra?

Madruga ou trasnoita? Ultimamente ambas as dúas. Estiven até fai pouco facendo prácticas laborais mentres remataba os meus estudos, e agora a campaña electoral xúntaseme cos exames finais, así que o tempo non me sobra (aínda que o tomo con calma).

Un curruncho de Ferrol: Síntome especialmente vinculado a Caranza, pero en xeral gústame calquera curruncho que non se me vaia caer enriba polo deterioro.

Apoia á Semana Santa Ferrolá? Nós apoiamos a liberdade relixiosa de cada quén. Pero non compartimos que se exima de pagar impostos á Igrexa Católica, que se regalen 75.000€ á Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades, 20.000€ para o “capuchonciño”, e que aínda por riba Rey Varela propoña agora abrir un museo á Semana Santa. Pensamos que nunha cidade con máis de sete mil desempregados, a prioridade ten que estar situada na creación de emprego de calidade.

O normal en campaña é que se critique aos contrincantes políticos, pero podería dicirnos algo positivo deles? Cónstame que en varias das listas van compañeiros e compañeiras que teñen estado implicadas en numerosas loitas sociais, coas que coincidimos en varias “batallas” e que levan moitos anos defendendo a dignidade e os dereitos colectivos. Mais todas as outras candidaturas teñen en común que non cuestionan abertamente o capitalismo, un sistema baseado na explotación da maioría traballadora por unha minoría dominante, e para nós iso é fundamental. Uns pretenden apuntalar esa explotación servíndolle directamente ao capital (na distinta amalgama de forzas de dereita). E outros aliviala un pouco con pequenos “parches” e reformas parciais, pero sen que as árbores lles permitan ver o bosque. Sen sinalar que é necesario acabar con este sistema e construír unha sociedade nova, onde ninguén poida vivir do traballo dos demais. Iso é o comunismo, e iso é o que distingue a nosa candidatura das outras, que propoñemos un cambio de raíz e mudar o sistema desde a súa base como única alternativa para a humanidade.

Que fai falla para que Ferrol “mole” de verdade? Para que Ferrol “mole” fai falta que a miseria e o paro sexan só un recordo do pasado. O que necesitamos é que os obreiros e obreiras, os traballadores e traballadoras, pensionistas, xubilados, estudantes, pequenos propietarios, etc. sexamos conscientes de que os nosos problemas son comúns e requiren respostas colectivas. Temos que ser conscientes da nosa propia forza e ser capaces de erguer unha forte alianza social para defender os nosos dereitos. Para que Ferrol “mole” fanlle falta concelleiros e concelleiras comunistas, que sexan a voz da clase obreira fronte á patronal e os partidos ao seu servizo. Temos que organizarnos colectivamente e crear poder obreiro e popular, desde os centros de traballo e desde os barrios, para que podamos decidir nós mesmos sobre todo aquilo que inflúe nas nosas condicións de vida e de traballo.

Sergio Pena é candidato por Comunistas da Galiza (foto: Facebook)

Sergio Pena é candidato por Comunistas da Galiza (foto: Facebook)

Publicidad

Banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies